Peter Atkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter Atkins
Peter Atkins no 2007
Datos persoais
Nacemento10 de agosto de 1940
LugarAmersham, Buckinghamshire, Inglaterra
NacionalidadeReino Unido
CónxuxeSusan Greenfield
RelixiónAteo
Actividade
CampoQuímica
Alma máterUniversidade de Leicester
Director de teseMartyn Raymond Christian Symons
Alumnos de teseLaurence Barron
A.D. Wilson-Gordon
Contribucións e premios
Coñecido porLibro de textos sobre química e ciencia
PremiosRSC Meldola Medal
editar datos en Wikidata ]

Peter William Atkins, nado o 10 de agosto de 1940 en Amersham, Buckinghamshire, é un químico inglés e profesor de química en Lincoln College da University of Oxford até o seu retiro no 2007. É un escritor prolífico de libros de texto de química entre os que se inclúe Química física, Química inorgánica e Mecánica cuántica molecular, tres libros de texto moi populares no mundo. A Química física de Atkins, da que actualmente é coautor xunto con Julio de Paula (Haverford College), ten numerosas edicións no mercado. Tamén está reeditado Química cuántica (Mecánica cuántica molecular - Molecular Quantum Mechanics).

Tamén é autor de numerosos traballos de divulgación científica, entre os que destacan As moléculas de Atkins (Atkins' Molecules) e O dedo de Galileo. As dez grandes ideas da ciencia (Galileo's Finger: The Ten Great Ideas of Science).

Publicacións[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]