Perxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A perxa (a pértega en galego) é unha modalidade da pelota valenciana a ratlles, iso é, sen unha metade do campo preestabelecida, senón que esta ha se de marcar primeiro e gañar despois.

Difusión[editar | editar a fonte]

A perxa é fundamentalmente xogada nas comarcas da Marina Alta e Baixa, e no Alcoià, pero ten unha meirande difusión polo feito de coñecerse tanto ao norte do País Valenciano coma en Les Alcubles (os Serrans), onde é denominada coma palico.

Historia[editar | editar a fonte]

A perxa é unha evolución do xogo a ratlles por antonomasia, os Llargues. Máis tarde, foi un precedente da Galotxa.

Regulamento[editar | editar a fonte]

Tanto a pelota coma as regras da perxa son as mesmas que as de llargues, cunha sacada específica.

A sacada[editar | editar a fonte]

Na perxa, a sacada non a fai o xogador nomeado banca dende a súa ratlla de quinze (raia de quinze), senón que un xogador que recibe o nome de feridor, o cal, para comezar o quinze, ha de lanzar a pelota dende unha zona delimitada por unha corda que cruza lonxitudinalmente a rúa (a unha alzada de entre 2,4 e 3 m) para que caia sobre un dau, un rectángulo de dimensións de 1,5m de amplitude por 3 de longo no recuncho esquerdo detrás do quinze del rest (quince do resto).

É, pois, un xeito de sacada moi semellante á Galotxa e á Escala i corda, das cales é precursora.

Competicións[editar | editar a fonte]

  • Lliga a Perxa

=Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]