Pertti Mäkinen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pertti Mäkinen
Anverso dun euro finlandés,
cerado por Pertti Mäkinen


Nome completoPertti Kalervo Mäkinen
Nacemento16 de setembro de 1952.
  Tyrvää, Satakunta.
Finlandia Finlandia
ÁreaDeseño de moedas.
EducaciónEscola de Arte de Kankaanpää
NacionalidadeFinlandia Finlandés.
editar datos en Wikidata ]

Pertti Mäkinen, nado en Tyrvää, rexión de Satakunta, o 16 de setembro de 1952, é un escultor e deseñador de moedas finlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertti Mäkinen formouse entre 1966 e 1968 nunha escola de formación rpofesional da rama metalúrxica e logo traballou durante cinco anos como frabricante de ferramentas. De 1976 a 1979 cursou estudos artísticos na Escola de Arte Kankaanpää,[1] nas especialidades Gráfica e de Escultura. E finalmente en 2004 ingresou na Universidade de Ciencias Aplicadas de Jyväskylä para realizar estrudos de Pedagoxía.[2]

Á parte desta formación regrada, Mäkinen realizou numerosos viaxes formativas, en ocasións como bolseiro, a países como a Unión Soviética (1978), os Estados Unidos (1987 e 2000), México (1989), Exipto (1992), Israel (1994), Estonia, Letonia e Lituania (1994), Portugal (1996), Italia (1997), Xapón (1998), España (1999), os Países Baixos (1999), China (2002), a India (2007), Alemaña (2008) e o Perú (2010).[2]

No ámbito académico, Mäkinen exerceu a docencia na materia de Escultura na Escola de Arte de Kankaanpää entre 1980 e 2017,[1] e na Universidade de Ciencias Aplicadas de Satakunta entre 1989 e 2017.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Os primeiros traballos de Pertti Mäkinen foron gráficos, sinaladamente no campo da xilografía. En 1979 expuxo por primeira vez en Helsinqui.[1]

Escultura Vanavesi - Kölvattnet (2004), de Pertti Mäkinen, no Centro cultural sueco Mikaelsgården en Pori.

Mäkinen é o responsable dun bo número de obras escultóricas en espazos públicos e abertos, moitas delas formando parte dun grupo constituído en 1979 xunto con Ossi Somma e Reijo Paavilainen, os tres vinculados á Escola de Arte de Kankaanpää.[1][3]

Xa desde que acabou os seus estudos, Mäkinen comezou a traballar tamén como medallista e ao longo da súa carreira acadou unha produción de máis de 30 medallas.[1] No ámbito da moeda, durante as décadas de 1980 e de 1990 responsabilizouse do deseño dalgunhas moedas conmemorativas do sistema do marco finlandés.[4] Posteriormente foi elixido polo Banco de Finlandia e pola Casa da Moeda de Finlandia para deseñar o anverso nacional da moeda dun euro, que comezou a cuñarse en 1999.[5] O seu deseño para esta moeda —o seu traballo máis representativo— amosa a imaxe de dous cisnes en voo sobre dous lagos, que se corresponden cos de Karhijärvi e Lavijärvi, na rexión onde naceu Mäkinen.[6]

Así mesmo, é autor do deseño de máis dunha decena de moedas conmemorativas finlandesas da serie do euro.[4] Mäkinen foi o gañador do Premio Moeda do Ano á moeda máis inspiradora das emitidas en 2006, pola moeda de ouro de 5 euros conmemorativa do 150 aniversario da desmilitarización das Aland.[2][7][8]

Escolma de traballos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Pertti Mäkinen (1952)". Tampereen nykytaiteen museo.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Curriculum Vitae". Suomen Taiteilijaseura / Artists' Association of Finland (o CV só dispoñible na versión finesa).
  3. "Merelle (Merenkulun muistomerkki), 1985". Oulun Taidenmuseo.
  4. 4,0 4,1 Serie de moedas deseñadas por Pertti Mäkinen. Numista.com
  5. "1 Euro". Numista.com
  6. Nummelin, Esko. "Pertti Mäkinen- Ajattelija ja Tulkitsija, jolle tyhjä on merkityksellinen ja arvokas". Porin taidemuseo. Páxina 4.
  7. "Canadá wins the COTY". En Numismatic News. 21 de xullo de 2008.
  8. Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6
  9. "10 Euro Elias Lönnrot". Numista.com
  10. "100 Euro Albert Edelfelt". Numista.com
  11. "10 Euro Tove Jansson". Numista.com.
  12. "10 Euro Peace". Numista.com
  13. "10 Euro Parlimentary Reform". Numista.com
  14. "10 Euro Frederik Pacius". Numista.com
  15. "10 Euro Henrik Wigström". Numista.com
  16. "20 Euro Literacy". Numista.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]