Persuasión (novela)
Persuasión | |
---|---|
Primeira páxina da edición orixinal de 1818. | |
Título orixinal | Persuasion |
Autor/a | Jane Austen |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | John Murray Irmás Cartoné |
Data de pub. | 1818 2017 |
Formato | Tapas duras e brandas |
ISBN | ISBN 978-84-945411-3-1 (gl) |
Tradución | Celia Recarey |
[ editar datos en Wikidata ] |
Persuasión (en inglés: Persuasion) é a derradeira novela escrita por Jane Austen. Empezouna a escribir pouco tempo despois de rematar Emma, acabándoa en agosto de 1816. Austen morreu á idade de 41 anos en 1817, e Persuasión foi publicada como traballo póstumo en 1818. Persuasión está conectada coa abadía de Northanger non soamente por ser publicada xunto a esta nun só tomo dous anos máis tarde, senón tamén porque ambas as historias toman lugar en Bath, balneario no que Jane acudía naquela época.
Foi traducida ó galego por Celia Recarey[1] e foi publicado pola editorial Irmás Cartoné no ano 2017.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Na novela, Anne é a filla de Sir Walter Elliot, home vaidoso e demasiado preocupado das aparencias como para ver o que sucede á súa ao redor. Anne ten dúas irmás, Elizabeth, maior que ela pero aínda fermosa e atractiva, de carácter idéntico ó do seu pai, e Mary, menor e xa casada con Charles Musgrove. No medio destas persoas atópase Anne, cuxa idade "adecuada" para contraer matrimonio pasou, de beleza e plenitude perdida. Varios anos antes, Anne coñeceu a un oficial de mariña, Frederick Wentworth, pobre e sen ningunha perspectiva para que unha familia como a dos Elliot accedese a un matrimonio cun dos seus membros. Movida pola persuasión de Lady Russell, quen criou a Anne como unha nai pola ausencia da verdadeira, Anne vese obrigada a negarse ó seu amor e enfrontar longos anos de soidade nos cales aínda que vai perdendo a beleza crece o seu espírito e a súa intelixencia, converténdose nunha muller atractiva e bondadosa.
Porén, a escura sorte de Anne cambia cando, despois de todos eses anos aparece novamente no seu círculo social o ascendido a capitán Wentworth, enriquecido pola guerra e altamente atractivo. Aínda que nun principio o resentimento e a dor moven ó home, axiña o carácter de Anne cativarao de novo dándolle a ambos unha nova oportunidade na vida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Irmás Cartoné (ed.). "Persuasión, por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Persuasión |