Pero de Ver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pero de Veer»)

Pero de Ver (ou Veer) foi un xograr galego do século XIII, compositor de lírica en galego-portugués.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un xograr activo a mediados do século XIII.[3] Estudosos sitúan a súa orixe na localidade de San Vicente de Ver pertencente á Terra de Lemos, aparece documentado nunha doazón ao mosteiro de Samos en 1240.[1] Con todo, tamén hai documentado un Pero Perez de Ver en Portugal nunha doazón de 1236, probablemente relacionado coa localidade de São João de Ver.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse oito cantigas: cinco cantigas de amigo e tres cantigas de amor.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Biografía". Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB). ISSN 1989-4546. Consultado o 24 de xullo de 2021. 
  2. González Seoane, Álvarez de la Granja e Boullón Agrelo (2006), p. 144
  3. 3,0 3,1 3,2 "Pero de Ver". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 24 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • González Seoane, Ernesto; Álvarez de la Granja, María; Boullón Agrelo, Ana Isabel (2006). Dicionario de dicionarios do galego medieval. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788497507738.