Perkunas Virgae
Aparencia
| Perkunas Virgae | |
|---|---|
| Tipo de accidente xeolóxico | Chasma |
| Accidente xeolóxico de | Titán |
| Lonxitude | 980 km[1] |
| Coordenadas | 27° S 162° O[1] |
| Procedencia do nome | Perkūnas, o deus da mitoloxía lituana da choiva, o trono e os lóstregos.[1] |
Perkunas Virgae é unha gran estría de cor na superficie sobre Titán, a lúa de Saturno.

Características
[editar | editar a fonte]Perkunas Virgae está centrada a 27° latitude sur e 162 lonxitude oeste, e ten unha lonxitude máxima de 980 km [1]. Situada moi ó oeste dentro da rexión de Xanadu, preto da fronteira desta rexión con Shangri-La, e o sur de Shikoku Facula (a cal xa está dentro de Shangri-La).
Observación
[editar | editar a fonte]Perkunas Virgae foi descuberta a partir de imaxes transmitidas pola misión Cassini.
Recibiu máis tarde o nome de Perkūnas, o deus da mitoloxía lituana da choiva, o trono e os lóstregos[1].