Perfecto Sulleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPerfecto Sulleiro
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
Punxín, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 1978 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Perfecto Sulleiro González, nado en Ourantes (Punxín) en 1910 e finado en Madrid o 8 de febreiro de 1978, foi un xornalista, avogado e poeta galego, ademais de secretario de Administración Local.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Ourense, licenciouse en Dereito e Filosofía. Traballaba como periodista no gabinete de prensa do Ministerio de Exteriores. Foi tamén secretario de Administración Local. Foi fundador e redactor da revista Certamen.

É autor de libros como Normas de Conducta profesional, Puntos fundamentales para la reforma del Cuerpo Nacional de Secretarios de Administración Local ou Protocolo, honores y distinciones en las corporaciones locales. Pero destaca especialmente a súa faceta poética, na que publicou A beira da vida, ciento veinticuatro poemas gallegos entresacados de la selección de los 350 que componen la obra e A beira da vida, pequenas e tenras lembranzas.

En Á beira da vida o poeta vai, segundo manifesta Xosé Fariña Jamardo no prólogo do libro, "tecendo coma un fermoso casulo de ouro, cos fíos da morriña e da nostalxia, nos derradeiros meses do ano 1972, cando por razóns de oficio, se atopaba na Mancha Alta, en Villarrobledo...". Dos seus poemas xorden as vivencias da nenez, as paisaxes, a vida da aldea, a relixiosidade, as festas. Relata nos seus poemas vivencias líricas e cadros da vida cotiá. A súa linguaxe reflicte a fala do pobo da aldea nos anos da súa nenez e xuventude.