Saltar ao contido

Peregrino Lestón González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeregrino Lestón González
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor en Wikidata
Serres, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de outubro de 1992 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Bruay-la-Buissière, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmariñeiro, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 6679

Peregrino Lestón González, nado en Serres (Muros) en 1912 e finado en Francia o 29 de outubro de 1992, foi un mariñeiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mariñeiro de Serres. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi procesado e xulgado por rebelión en Santiago de Compostela con Manuel Lago Ramos, Isidro Caramés Tajes e Lino Tieles Blanco o 15 de febreiro de 1937.[1][2] Defendidos por Gonzalo Romero Osende, Peregrino foi condenado a cadea perpetua. Saíu en liberdade provisional. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas, que foi sobresido en xaneiro de 1947.[3] Foi procesado na causa 49/46 por roubo a man armada xunto con Isidro Caramés Tajes e Lino Tieles Blanco. O xulgado militar de Santiago de Compostela publicou unha requisitoria reclamando a súa presentación en setembro de 1946.[4] Fuxiu a Francia. Finou en Bruay-la-Buissière (Departamento do Paso de Calais) o 29 de outubro de 1992 con 80 anos.[5]

  1. El Eco de Santiago, 15-2-1937, p. 3.
  2. El Ideal Gallego, 16-2-1937, p. 2.
  3. BOE, 29-10-1949, p. 2352.
  4. BOE, 10-9-1946, p. 2392.
  5. Avis de décès