Pere Milla
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 23 de setembro de 1992 Lleida | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,84 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2011 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pere Milla Peña, nado en Lleida o 23 de setembro de 1992, é un futbolista catalán que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Espanyol da Primeira División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do Unió Esportiva Lleida. Tras a disolución deste club, foi traspasado ao Club Lleida Esportiu, equipo co que debutou durante a Segunda División B 2011/12. O 11 de xuño de 2014 asinou polo Getafe Club de Fútbol, sendo asignado ao filial.[1] Estreouse co primeiro equipo o 14 de xaneiro de 2015, nun partido da Copa do Rei 2014/15 contra o Almería.[2]
O 20 de xullo de 2015, Milla asinou un contrato dun ano co Logroñés.[3] Durante esta tempada anotou 18 goles, naquel momento o máximo na súa carreira. O 20 de xuño de 2016 fichou polo Eibar na máxima categoría, sendo cedido en agosto dese mesmo ano ao UCAM Murcia da Segunda División.[4][5] O 22 de abril de 2017 conseguiu o seu primeiro gol profesional nun encontro contra o Girona.
O 6 de xullo de 2017 comezou unha nova cesión co Numancia.[6] Regresou ao Eibar para a Primeira División 2018/19. O seu debut na máxima categoría tivo lugar o 24 de agosto de 2018 nun partido contra o seu antigo equipo, o Getafe.[7] O 15 de xuño de 2019 asinou polo Elche Club de Fútbol na segunda categoría.[8] O 23 de agosto de 2020, Pere Milla anotou o gol decisivo nun partido de promoción de ascenso contra o Girona, contribuíndo ao regreso do Elche á máxima categoría tras cinco anos.[9]
O 18 de outubro de 2020, Milla anotou o seu primeiro gol na Primeira División ante o Deportivo Alavés. O 15 de agosto de 2023 fichou polo Espanyol, acabado de descender á Segunda División.[10] Xa de volta na máxima categoría, durante a tempada 2024/25 foi decisivo o gol de Milla nun partido contra a UD Las Palmas que certificaba a salvación do Espanyol. [11]
Traxectoria internacional
[editar | editar a fonte]Pere Milla é internacional coa Selección de fútbol de Cataluña. O 25 de marzo de 2019 xogou nun partido amigábel de Cataluña contra Venezuela no estadio de Montilivi, que finalizou cun 2-1 a favor do conxunto catalán.[12] En maio de 2022, o seleccionador Gerard López convocouno para un partido contra Xamaica, tamén en Montilivi, que resultou nunha vitoria de Cataluña por 6-0.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pere Milla, nuevo jugador del Getafe B" (en castelán). Vavel. 11 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2015.
- ↑ "El Getafe aprovecha la Copa" (en castelán). Marca. 14 de xaneiro de 2015. Consultado o 15 de xaneiro de 2015.
- ↑ "El delantero Pere Milla, nuevo jugador de la UD. Logroñés" (en castelán). UD Logroñés. 20 de xullo de 2015. Consultado o 20 de xullo de 2015.
- ↑ "Pere Milla y Unai Elgezabal fichan por SD Eibar como jugadores fidelizados" (en castelán). SD Eibar. 20 de xuño de 2016. Consultado o 23 de xuño de 2016.
- ↑ "Pere Milla, cedido al UCAM Murcia por una temporada" (en castelán). SD Eibar. 2 de agosto de 2016. Consultado o 2 de agosto de 2016.
- ↑ "Pere Milla, nuevo jugador del C.D. Numancia" (en castelán). CD Numancia. 6 de xullo de 2017. Consultado o 7 de xullo de 2017.
- ↑ "Debut agridulce para Pere Milla" (en castelán). Diario AS. 25 de agosto de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018.
- ↑ "OFICIAL | Pere Milla refuerza al Elche C.F." (en castelán). Elche CF. 15 de xuño de 2019. Consultado o 16 de xuño de 2019.
- ↑ "Pere Milla lleva al Elche a Primera División en el minuto 96" (en castelán). Marca. 23 de agosto de 2020. Consultado o 24 de agosto de 2020.
- ↑ "Pere Milla, fitxat" (en catalán). RCD Espanyol. 15 de agosto de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ "L'Espanyol guanya amb patiment i aconsegueix la permanència a Primera (2-0)" (en catalán). Esport 3. 24 de maio de 2025. Consultado o 24 de maio de 2025.
- ↑ "Catalunya gaudeix a Montilivi". Diari de Girona. 25 de marzo de 2019. Consultado o 27 de marzo de 2019.
- ↑ "Catalunya goleja Jamaica amb recital de futbol i hat-trick de Deulofeu (6-0)". Esport 3. 25 de maio de 2022. Consultado o 25 de maio de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pere Milla en BDFutbol
- Pere Milla en LaPreferente.com
- Pere Milla en Soccerway
- Nados en 1992
- Futbolistas de Cataluña
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores da selección de fútbol de Cataluña
- Xogadores do Lleida Esportiu
- Xogadores do Getafe CF B
- Xogadores do Getafe CF
- Xogadores do Logroñés CF
- Xogadores do SD Eibar
- Xogadores do CD Numancia
- Xogadores do UCAM Murcia
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores do RCD Espanyol
- Nados en Lleida