Saltar ao contido

Pere Estupinyá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPere Estupinyá

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1974 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Tortosa, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Rovira i Virgili - bioquímica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbioquímico, xornalista, divulgador científico, presentador de televisión Editar o valor en Wikidata
Participou en
2015XXXV Feira Internacional do Libro de Santiago de Chile Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Sitio webpereestupinya.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: perestupinya Twitter: Perestupinya BNE: XX5026785 Editar o valor en Wikidata

Pere Estupinyà Giné, nado en Tortosa o 17 de outubro de 1974, é un químico e bioquímico catalán coñecido polo seu labor de comunicador científico a través de libros de divulgación, conferencias e programas televisivos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Tortosa, estudou na Universidade Rovira i Virgili, onde se licenciou en Química e tamén en Bioquímica. Ten un mestrado en Nutrición e Metabolismo e un doutoramento incompleto en Xenética que abandonou para dedicarse á divulgación científica.[1]

Traballou no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), nos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) dos Estados Unidos e o Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID).[2]

En 2010 escribiu o seu primeiro libro, El ladrón de cerebros. Compartiendo el conocimiento científico de las mentes más brillantes, e dende entón publicou varios outros de divulgación.

Debutou na televisión en 2014 presentando un documental para TV3 titulado Inversió de Futur.[3][4] En 2015 produciu e presentou 13 capítulos da serie El ladrón de cerebros en Ecuador,[5] e ao ano seguinte desenvolveu, xunto coa produtora Minifilms, El cazador de cerebros, para TVE, que dirixiu e presentou con continuidade en La 2, polo menos, até 2024. En xuño dese ano o programa chegou aos 100 episodios.[6][7]

Dende setembro de 2016 participa no programa radiofónico A vivir que son dos días da Cadena SER.[8]

En 2024 obtén o Premio CSIC-Fundación BBVA de Comunicación Científica por introducir “novas formas de levar a ciencia a todos os públicos, por televisión, radio e libros, mantendo o rigor e cun alto impacto".[9]

  • El ladrón de cerebros. Compartiendo el conocimiento científico de las mentes más brillantes (Debate, 2010)
  • Rascar donde no pica (Debate, 2012)
  • El sexo en la consulta médica (Debate, 2013)
  • S=EX2. La ciencia del sexo (Debate, 2013)
  • El ladrón de cerebros. Comer cerezas con los ojos cerrados (Debate, 2016)
  • A vivir la ciencia. Las pasiones que despierta el conocimiento (Debate, 2020) ISBN 978-84-18006-58-6
  • Ciencia sin ficción (capítulo) (Debate, 2019) ISBN 978-84-9992-980-4
  • Mitos y ciencia (en coautoría con Blanca Torres) (La Galera, 2022) ISBN 978-84-246-7358-1
  • La ciencia del sexo (versión abreviada e actualizada) (Debate, 2023) ISBN 978-84-19642-15-8