Perdiz das neves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lagopus muta
Perdiz nival, lagópodo alpino
Parella coa plumaxe da primavera, en Noruega
Parella coa plumaxe da primavera, en Noruega
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Tetraoninae
Xénero: Lagopus
Especie: L. muta
Nome binomial
Lagopus muta
(Montin, 1781)

A perdiz das neves, ou lagópodo alpino, Lagopus muta, é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das tres que compoñen o xénero Lagopus.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dunha perdiz cunha envergadura considerable: oscilando entre os 54 e 65 cm. A súa plumaxe varía de acordo ás estacións: branca no inverno para camuflarse na neve e composta por marróns, brancos e agrisados no verán para camuflarse entre os pedregais das montañas. Para soportar as temperaturas extremas do seu hábitat, posúe plumas dobres, que cobren incluso as patas. Ademais é unha especie que non se soe desprazar grandes distancias, tentando minimizar así o gasto enerxético.

Distribución[editar | editar a fonte]

As glaciacións do cuaternario, hai 20 000 anos, trouxeron esta especie ao territorio que hoxe é á península Ibérica. Co posterior desxeo, a especie ficou reducida aos Pireneos, sendo a poboación máis próxima a que se atopa nos Alpes. É unha especie máis común na Europa setentrional.

Vive nos ambientes subnival e nival, por enriba do territorio arborado. En Cataluña atópase entre os 1 900 e os 2 000 m de altitude no Val de Arán, e entre os 2 200 e os 2 300 m no resto das comarcas pirenaicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2016): Lagopus muta na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 7 de xaneiro de 2019.