Perdix perdix hispaniensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Perdix perdix hispaniensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Perdicinae
Xénero: Perdix
Especie: Perdix perdix
Subespecie: P. p. hispaniensis
Reichenow, 1892
Distribuición de P. p. hispaniensis en Galicia

Distribuición de P. p. hispaniensis en Galicia

Perdix perdix hispaniensis é unha das oito subespecies de Perdix perdix, a perdiz charrela, ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, pertencente ao xénero Perdix.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A subespecie foi descrita en polo ornitólogo alemán Anton Reichenow,[1] en Ber. Marz-Sitz. Deutsche Orn. Ges., p. 5.[2]

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Aínda que o nome oficial da subespecie é hispaniensis Reichenow, 1892, cómpre salientar que López Seoane estudou antes (1891) a forma galaica, á que lle deu a denominación charrela que, inexplicablmente (ou talvez non) foi ignorada, e debe ser reivindicada.[3]

Distribución[editar | editar a fonte]

A súa área de distribución abarca o nordeste de Portugal e o norte de España.[4]

Distribución en Galicia[editar | editar a fonte]

A perdiz charrela é unha das duas especies de perdices que se encontran en Galicia (a outra é a perdiz rubia). A subespecie Perdix perdix hispaniensis é propia das zonas montañosas do noroeste da península Ibérica, onde é sedentaria, con movementos altitudinais por mor da climatoloxía extrema. En Galicia é pouco común, e ademais a súa poboación está dimiuíndo nos últimos anos (Noval afirma que cada vez é máis escasa nos montes do norte de Iberia),[5] limitándose ás serras orientais do país, onde se pode encontrar en altiutudes a partir dos 1 200 msnm, nos Ancares, o Courel, Cabeza de Manzaneda serra do Eixe, serra Calva e zonas próximas.[6][7] (Ver mapa).

Características[editar | editar a fonte]

Os espécimes que viven en Galicia miden 30 cm. Ambos os sexos son semellantes. A cabeza, a cara e as plumas rectrices externas, son de cor rubia, o pescozo e o peito, de cincenta, as costas son cincentas coon riscas de cores castaña e branca, e no ventre presentan unha gran mancha parda escura en forma de ferradura sobre fondo branco. Os inmaturos e algunhas femias carecen desta "ferradura", ou é moi tenue e case non se lles aprecia. As patas dos adultos son cincentas, e s dos inmaturos, amarelas.[6]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntase de sementes, follas e bagas de diferentes vexetais. Consome grandes cantidades de agróns e gramíneas. En novembro e decembro, en Galicia, os arandos a base da súa dieta. Pero tamén comen insectos, (saltóns, formigas, etc.) e outros invertebrados (como miñocas, caracois e diversas larvas).[6][8]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Aniñan e depresións do solo, ao abeiro de matogueiras, peferentemente carqueixas. En Galicia aniñan entre finais de maio e xuño. A niñada consta de 12 a 14 ovos, aínda que pode chegar a 12,[8] ou de 10 a 20, segundo Iglesias.[9] Os ovos, de cor amarela verdosa, son chocados pola femia durante 23-26 días. Os polos son nidífugos e poden voar aos 15 días de naceren.[6] O macho, despois do nacemento dos polos, axuda á femia no coidado e a mantenza deles.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Perdix perdix (Linnaeus, 1758) no ITIS.
  2. Zoonomen. "Birds of the World - current valid scientific avian names." (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2011. Consultado o 15 de xaneiro de 2018. 
  3. López Seoane, V. (1894): Examen crítico de las perdices de Europa, particularmente de las de España, y descripción de dos nuevas formas en Galicia. A Coruña: Imprenta V. Abad, 33 pp.
  4. Cornell Lab of Ornithology. "Clement's Checklist 6.5" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2010. Consultado o 15 de xaneiro de 2018. 
  5. Noval, A. (1975): El ibro de la fauna Ibérica. Oviedo: Ed. Naranco.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Penas Patiño et al. 1991, p. 400.
  7. Penas Patiño, X. M. 1995, pp. 295-296.
  8. 8,0 8,1 8,2 Penas Patiño, X. M. 1995, p. 296.
  9. Iglesias, L. (1952): Fauna de Galicia. Aves de Galicia III. Santiago de Compostela: Publ. Univ. Santiago, 68 pp.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
  • Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
  • Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.
  • Penas Patiño, X. M. e E. Dapía Sanchez (1995): "Perdix perdix (Linn.) Perdiz charrela". En: VV. AA. Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II, Aves. Santiago de Compostela: SGHN / CCG. ISBN 84-8717-289-X.
  • Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]