Perdix dauurica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Perdix dauurica
Perdiz dáurica

Lámina de Perdix dauurica, por Joseph Wolf, en Proceedings of the Zoological Society of London, 1863.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Perdicinae
Xénero: Perdix
Especie: P. dauurica
Nome binomial
Perdix dauurica
(Pallas, 1811)
Subespecies
Véxase o texto
Bandada de Perdix daaurica.

Perdix dauurica, coñecida vulgarmente como perdiz dáurica, é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das tres que integran o xénero Perdix.

Características[editar | editar a fonte]

É unha perdiz corpulenta, que mide de 28 a 30 cm de longo. A plumaxe do seu dorso é marrón, a cara amosa unha tonalidade alaranxada cunha incipiente "barba", que se volve tamén alaranxada durante a época da reprodución. O resto da cabeza e as partes inferiores do corpo son grises, co centro da peituga beixe-amarelada, e cunha gran mancha negra no ventre. A femia ten unha mancha branca máis reducida no ventre, e é menos vistosa que o macho. Os xuvenís son dunha cor gris apardazada, e non teñen as marcas distintivas na cara e nas zonas inferiores.[2]

Bioloxía, hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Habita e se reproduce en pradarías en gran parte das zonas temperadas do leste de Asia, desde Kirguizistán até Mongolia e a China. É unha ave terrestre non migratoria, que forma bandadas fóra da temporada de reprodución. Nalgunhas partes das zonas onde habita, as súas poboacións superpóñense coas habitadas pola perdiz charrela, coa cal forma unha superespecie.[2]

A perdiz dáurica prefire os terreos abertos, especialmente os que teñen algúns arbustos nas proximidades ou pequenos bosques abertos. O niño é unha depresión no terreo forrada con herbas cerca dalgunha matogueira que lle serve de cuberta. A posta típica e de entre 18 e 20 ovos. Aliméntase de sementes, aínda que os espécimes xuvenís tamén consomen insectos qiue lles subministran proteínas. Cande son molestadas, de maneira similar á maioría das aves de caza, levántanse nun curto voo.[2]

Aínda que a perdiz dáurica non se encontra ameazada a nivel global, en certas rexións pode sufrir unha caza excesiva.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1811 polo médico, zoólogo e botánico alemán, célebre polos seus traballos realizados en Rusia, na súa obra Zoographia Rosso-Asiatica: sistens omnium animalium in extenso Imperio Rossico etc.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Perdix.

O epíteto específico, dauuriuca, fai alusión á rexión rusa de Dauria (en ruso Даурия, Dauriya) rexión montañosa localizada ao leste do lago Baikal. Este nome, Dauria, deriva do etnónimo dos nativos da zona.[Cómpre referencia]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Dentro desta especis recoñécense as dúas subespecies seguintes:[3]

  • Perdix dauurica (Pallas, 1811)
    • Perdix dauurica dauurica (Pallas, 1811)
    • Perdix dauurica suschkini Poliakov, 1915

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2016): Perdix dauurica na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 15 de xaneiro de 2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 McGowan, P. J. K. 1994.
  3. Perdix dauurica (Pallas, 1811) no ITIS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Madge, Steve; McGowan, Philip J. K. & Kirwan, Guy M. (2002): Pheasants, partidges and grouse: a guide to the pheasants, partridges, quails, grouse, guineafowl, buttonquails and sandgrouse of the world. Londres: Christopher Helm. ISBN 0-7136-3966-0.
  • McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
  • Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
  • Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]