Períodos na historia da arte occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha lista cronolóxica de períodos da historia da arte occidental. Un período artístico é unha fase no desenvolvemento do traballo dun artista, grupos de artistas ou movemento artístico.

Os límites espaciais, cronolóxicos e artísticos seguen un criterio que poden cambiar. Por exemplo pode incluír ou non arte clásica antiga como a arte greco-budista da rexión de Gandhara, sendo unha arte de influencia e estilo grego que se desenvolveu en Asia Central por cerca de 1000 anos tras as conquistas de Alexandre o Magno, e de xeito similar inclúe a arte hispanomusulmá que se desenvolveu en Asia e en Al-Andalus, Europa, con formas artísticas similares. Ou incluír os distintos períodos da arte grega clásica, xa que presenta características moi distintas a arte do período xeométrico ou do orientalizante e a do período helenístico. Ademais exclúese a arte fenicia ou exipcia desa época, a pesar de estaren intimamente ligadas á do Leste e Sueste europeos.

Tamén se poderían incluír subdivisións territoriais xa que tiveron características particulares de períodos coma o Románico (desde o prerrománico provenzal ao románico auvernés ou románico galego, portugués e castelán, ou castelán-leonés). Hai quen considera que a arte do "renacemento do século XII" ou a do románico galego do Mestre Mateo xa non é románico. Do mesmo xeito, Barroco é un período ben definido da arte occidental, pero con características moi distintas no barroco galego compostelán e no clasicismo barroco de Inglaterra ou no barroco siciliano, ademais de que ser un termo que tanto denomina ese período como, a posteriori, se converteu nun adxectivo, pois «barroco» para moitos críticos e historiadores designa unha fase recorrente de todos os estilos artísticos, que suceden á fase clásica; así, a arte helenística, do tempo do Laocoonte e os seus fillos, sería a «fase barroca» da arte grega.

O feito de incluír movementos pequenos relativamente recentes é difícil de valorar, xa que podemos estar a sobrevalorar algúns grupos e a súa influencia polo feito de estaren lonxe do noso ámbito, ou infravalorar outros movementos por ser moi locais; por exemplo, o movemento de Estampa Popular Galega tivo importancia no ámbito galego do gravado, pero houbo outros vinculados e co mesmo nome en diversas rexións de España, e outros similares en Portugal, en México etc.

Na arte da Fotografía tamén se poderían subdividir moitos períodos e estilos, incluír parte deles noutros (por exemplo a fotografía surrealista) ou ter en conta as interseccións con outras artes (pintura, cinema etc.)

Arte Clásica antiga[editar | editar a fonte]

Arte minoica

Arte grega antiga

Arte romana

Arte medieval[editar | editar a fonte]

Arte medieval

Temperán cristián 260–525
Período de migración 300–900
Anglosaxón 400–1066
Visigótico 415–711
Prerrománico 500–1000
Insular 600–1200
Viquingo 700–1100
Hispanomusulmá
Bizantino
Merovinxio
Carolinxio
Ottonián
Románico1000–1200
Normando-Siciliano 1100–1200
Gótico 1100–1400 (gótico internacional)

Renacemento[editar | editar a fonte]

Renacemento c. 1300 – c. 1602, empezou en Florencia

Renacemento italiano - finais do século XIII - c. 1600 - finais do século XV - finais do século XVI
Clasicismo renacentista
Pintura flamenga primitiva - 1400 - 1500
Escola de Creta - arte post-bizantina ou renacemento cretense 1400-1500

Do Renacemento ao Neoclasicismo[editar | editar a fonte]

Manierismo e Renacemento tardío - 1520 - 1600, comezou no centro da Península Itálica
Barroco - 1600 - 1730, comezou en Roma
Pintura neerlandesa do Século de Ouro - 1585 - 1702
Caravaggistas - 1590-1650 Rococó - 1720 - 1780, comezou en Francia
Neoclasicismo - 1750 - 1830, comezou en Roma
Escola cretense tardía - Renacemento cretense 1500-1700
A escola heptanesa 1650-1830 comezou nas Illas Xónicas

Romanticismo[editar | editar a fonte]

Romanticismo −1780 – 1850

Movemento nazareno - c. 1820 - finais da década de 1840
Os Antigos (Ancients)- 1820 - 1840
Purismo - c. 1820-1860
Escola de Düsseldorf - mediados dos anos 1820-1860
Escola do río Hudson - década de 1850 - c. 1880
Luminismo (estilo artístico americano) - 1850-1870
A arte grega moderna de 1830 a 1930 comezou na Grecia moderna

Romanticismo a arte moderna[editar | editar a fonte]

Escola de Norwich – 1803 – 1833, Inglaterra
Biedermeier – 1815 – 1848, Alemaña
Fotografía – Desde 1826
Realismo – 1830 – 1870, empezou en Francia
Escola Barbizon– 1830 – 1870, Francia
Peredvizhniki – 1870 – 1890, Rusia
Abramtsevo Colonia 1870s, Rusia Escola Den Hague – 1870 – 1900, Países Baixos
Escola American Barbizon 1850-1890s – Estados Unidos
Eclecticismo español – 1845 – 1890, España
Macchiaioli – 1850s, Toscana, Italia
Fraternidade Prerrafaelista – 1848 – 1854, Inglaterra

Arte moderna[editar | editar a fonte]

Arte moderna – 1860 – 1945

Nota: os países listados son aqueles nos que comezaron os movementos ou grupo. A maioría dos movementos de arte moderna tiñan un alcance internacional.

Impresionismo - 1860 - 1890, Francia
Impresionismo americano 1880, Estados Unidos Cos Cob Art Colony 1890, Estados Unidos
Escola de Heidelberg a finais da década de 1880, Australia Luminismo (Impresionismo)
Movemento Arts and Crafts - 1880 - 1910, Reino Unido
Movemento Mingei - Xapón
Tonalismo - 1880 - 1920, Estados Unidos
Simbolismo (artes) - 1880 - 1910, Francia / Bélxica
Simbolismo ruso 1884 - c. 1910, Rusia
Movemento estético 1868 - 1901, Reino Unido
Postimpresionismo - 1886 - 1905, Francia
Les Nabis 1888-1900, Francia
Cloisonnismo c. 1885, Francia
Sintetismo finais da década de 1880 - principios da década de 1890, Francia
Neoimpresionismo 1886 - 1906, Francia
Puntillismo 1879, Francia
Divisionismo anos 1880, Francia
Art Nouveau - 1890 - 1914, Francia
Vienna Secession (ou Secessionstil) 1897, Austria
Mir iskusstva 1899, Rusia
Jugendstil Alemaña, Escandinavia
Noucentisme - 1906 - 1926, Cataluña
Modernismo - 1890 a 1910, Cataluña, España
Vangarda rusa - 1890 - 1930, Rusia / Unión Soviética
Art à la Rue 1890s - 1905, Bélxica / Francia
Moza Polonia 1890 - 1918, Polonia
Hagenbund 1900 - 1930, Austria
Fauvismo - 1904 - 1909, Francia
Expresionismo - 1905 - 1930, Alemaña
Die Brücke 1905 - 1913, Alemaña
Der Blaue Reiter 1911, Alemaña
Expresionismo flamengo 1911-1940, Bélxica
Bloomsbury Group - 1905 - c. 1945, Inglaterra
Cubismo - 1907 - 1914, Francia
Jack of Diamonds 1909 - 1917, Rusia
Orfismo - 1912, Francia
Purismo - 1918 - 1926, Francia
Ashcan School 1907, Estados Unidos
Art Deco - 1909 - 1939, Francia
Futurismo (arte) - 1910 - 1930, Italia
Futurismo ruso 1912-1920, Rusia
Cubo-Futurismo 1912 - 1915, Rusia
Raionismo 1911, Rusia
Synchromism 1912, Estados Unidos
Floración Universal 1913, Rusia
Vorticismo 1914 - 1920, Reino Unido
Biomorfismo 1915 - 1940
Suprematismo 1915 - 1925, Rusia
UNOVIS 1919 - 1922, Rusia
Dada - 1916 - 1930, Suíza
Proletkult 1917 - 1925, Rusia
Productixismo despois de 1917, Rusia
De Stijl (Neoplasticismo) 1917 - 1931, Países Baixos (Utrecht)
Pittura Metafisica 1917, Italia
Arbeitsrat für Kunst 1918 - 1921
Bauhaus - 1919 - 1933, Alemaña
Outros grupos de artistas en 1919, Estados Unidos
Constructivismo 1920, Rusia / Unión Soviética
Vkhutemas 1920 - 1926, Rusia
Precisionismo c. 1920, Estados Unidos
Surrealismo Desde 1920, Francia
Acéphale Francia
Letrismo 1942 -
Les Automatistes 1946 - 1951, Quebec, Canadá
Devetsil 1920 - 1931
Grupo dos Sete 1920 - 1933, Canadá
Renacemento de Harlem 1920 - 1930, Estados Unidos
American scene painting (Pintura de escena americana) c. 1920 - 1945, Estados Unidos
Nova obxectividade (Neue Sachlichkeit) anos 1920, Alemaña
Grupo Montparnasse 1922, Francia
Os Renovadores 1925 - 1936 -, Galicia
Northwest School 1930-1940, Estados Unidos
Realismo social, 1929, internacional
Realismo socialista - c. 1920 - 1960, comezou na Unión Soviética
Escola de Pintura de Leningrado 1930-1950, Unión Soviética
Socrealismo, 1949–1955, Polonia
Abstraction-Création 1931 - 1936, Francia
Allianz (artes) 1937 - 1950, Suíza
Expresionismo abstracto - 1940, Post WWII, Estados Unidos
Action Painting (Pintura de acción) EE.UU.
Color field painting (Pintura de campo a cor)
Abstracción lírica
Informalismo, Centro-Sur de Europa
Dau al Set, Cataluña, España
Grupo El Paso, Madrid, España
COBRA (movemento de vangarda) 1946 - 1952, Dinamarca / Bélxica / Holanda
Tachismo (Tachisme) finais dos anos 40 - mediados dos 50, Francia
Imaxistas abstractos Estados Unidos
Art informel mediados dos anos 40 - 50
Outsider art (Art brut) mediados dos anos 40, Reino Unido / Estados Unidos

Arte contemporánea[editar | editar a fonte]

Arte contemporánea – 1946–presente

Nota: hai solapamento co que se considera "arte contemporánea" e "arte moderna", aínda que, coma outros termos artísticos son polisémicos.

Arte grega contemporánea -1945 Grecia
Escola de realismo fantástico de Viena - 1946, Austria
Neo-Dada 1950, internacional
Estilo tipográfico internacional 1950, Suíza
Arte inconformista soviética 1953 - 1986, Unión Soviética
Painters Eleven 1954–1960, Canadá
Pop Art mediados dos anos cincuenta, Reino Unido / Estados Unidos
Grupo El Paso 1957 - 1960, Madrid, España
Woodlands School 1958–1962, Canadá
Situacionismo 1957 - principios dos anos 70, Italia
Novo realismo 1960 -
Realismo máxico anos 60, Alemaña
Minimalismo - 1960 -
Pintura de punta - principios dos anos 60, Estados Unidos
Fluxus - principios dos anos sesenta - finais dos setenta
Happening - principios de 1960 -
Video arte - principios de 1960 -
Arte psicodélica a principios dos anos sesenta -
Arte conceptual - 1960 -
Graffiti 1960-
Arte lixo 1960 -
Arte de performance - 1960 -
Op Art 1964 -
Abstracción post-pictórica 1964 -
Abstracción lírica mediados dos anos sesenta -
Proceso de arte mediados dos anos sesenta - setenta
Arte Povera 1967 -
Art and Language 1968, Reino Unido
Fotorrealismo - Finais dos anos 60 - principios dos 70
Land art - finais dos anos sesenta - comezos dos setenta
Post-minimalismo finais dos anos sesenta - setenta
Arte posmoderna 1970 - actualidade
Deconstructivismo
Metarrealismo - 1970 -1980, Unión Soviética
Sots Art 1972 - 1990, Unión Soviética / Rusia
Instalación artística - 1970 -
Mail art - anos 70 -
Maximalismo dos anos 70 -
Neoexpresionismo finais dos anos setenta -
Neoísmo 1979
Figuración Libre a principios dos anos oitenta
Street Art (Arte de rúa) a principios dos anos oitenta
Novos artistas británicos 1988 -
Arte dixital 1990 - actualidade
Pixel art 1990 - actualidade
Toyismo 1992 - actualidade
Arte transgresora
Masurrealismo 1992 -
Stuckism 1999 -
Remodernismo 1999 -