Pepe Sánchez
| Nome orixinal | José Sánchez Martínez |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 2 de marzo de 2000 Linares |
| Altura | 1,85 m. |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Nacionalidade deportiva | España |
| Deporte | fútbol |
| Posición de xogo | Defensa central |
José Sánchez Martínez, coñecido como Pepe Sánchez, nado en Linares o 19 de xaneiro de 2000, é un futbolista español que xoga como defensa central no Albacete, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no Linares 2011 da súa localidade natal, pasando logo tres anos na canteira do Real Jaén e outros tres no equipo xuvenil do Granada, club no que ingresou en 2016.
Na tempada 2019/20 subiu ao Recreativo Granada, de Segunda División B, debutando na 11ª xornada ante o Recreativo de Huelva e afianzándose inmediatamente no once titular.[1] O 17 de decembro debutou da man do adestrador galego Diego Martínez no primeiro equipo granadino, disputando completo o partido e a prórroga da primeira rolda da Copa do Rei ante o L'Hospitalet.[2]
Continuou compaxinando o filial co primeiro equipo durante as seguintes dúas campañas, nas que debutou tanto en Primeira División como na Europa League. A súa estrea na liga produciuse en Anoeta contra a Real Sociedad, tres días despois do seu primeiro encontro na competición europea, contra o Omonia en Nicosia.[3][4]
En xaneiro de 2023, despois de ter disputado só tres partidos co Granada durante a tempada, saíu cedido ao Deportivo da Coruña, de Primeira División RFEF.[5] Apenas tivo protagonismo no equipo galego, xogando só 7 partidos, nos que marcou un gol ante o Real Madrid Castilla.[6] Ao remate da cesión, o Granada anunciou o seu traspaso ao Ibiza.[7] No club balear xogou un total de 28 partidos, todos como titular, e disputou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda.
Despois duns meses sen equipo, en decembro de 2024 asinou como novo xogador do Albacete, da Segunda División.[8]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa do Rei | Europa League | Promocións[a 1] | Total | |||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Recreativo Granada | 2019/20 | Segunda B | 17 | 0 | - | - | - | - | - | - | 17 | 0 |
| Granada | 2019/20 | Primeira | 0 | 0 | 1 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 |
| Recreativo Granada | 2020/21 | Segunda B | 1 | 0 | - | - | - | - | - | - | 3 | 0 |
| Granada | 2020/21 | Primeira | 3 | 0 | 4 | 0 | 2 | 0 | - | - | 11 | 0 |
| Recreativo Granada | 2021/22 | 2ª RFEF | 17 | 0 | - | - | - | - | - | - | 17 | 0 |
| Total club | 35 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 35 | 0 | ||
| Granada | 2021/22 | Primeira | 0 | 0 | 1 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 |
| 2022/23 | Segunda | 3 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 3 | 0 | |
| Total club | 6 | 0 | 6 | 0 | 2 | 0 | 0 | 0 | 14 | 0 | ||
| Deportivo da Coruña | 2022/23 | 1ª RFEF | 7 | 1 | 0 | 0 | - | - | 0 | 0 | 7 | 1 |
| Ibiza | 2023/24 | 1ª RFEF | 26 | 1 | 0 | 0 | - | - | 2 | 0 | 28 | 1 |
| Albacete | 2024/25 | Segunda | 13 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 13 | 0 |
| 2025/26 | Segunda | 12 | 1 | 1 | 0 | - | - | - | - | 13 | 1 | |
| Total club | 25 | 1 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 26 | 1 | ||
| Total carreira | 99 | 3 | 7 | 0 | 2 | 0 | 2 | 0 | 110 | 3 | ||
- ↑ Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Victoria del Recreativo Granada ante el Recreativo (1-2)". Sport (en castelán). 3 de novembro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ "El Granada necesita una prórroga para ganar a L’Hospitalet". As (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ "El covid se lo puso demasiado fácil a la Real Sociedad". Marca (en castelán). 8 de novembro de 2020. Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ G. Gil, Aimara (5 de novembro de 2020). "El Granada se sobrepone al COVID-19 y es más líder". As (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Pepe Sánchez, novo xogador do Dépor 22-23". 27 de xaneiro de 2023. Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ Zautúa, Israel (24 de xuño de 2023). "Análisis de la plantilla: 5. Retuerta y Pepe Sánchez, uno ni debutó y el otro tuvo un rol muy secundario". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ "Comunicado Oficial. Pepe Sánchez" (en castelán). 26 de xullo de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ "El exdeportivista Pepe Sánchez ficha por el Albacete". DxT Campeón (en castelán). 4 de decembro de 2024. Consultado o 1 de xaneiro de 2025.