Pentaceratops (do grego antigo: "cara con cinco cornos") é un xénero representado por unha única especie de dinosauro ceratopsiano ceratópsido, que viviu a finais do período, hai aproximadamente 75 a 73 millóns de anos, durante o Campaniano, no que hoxe é Norteamérica.
Pentaceratops medía preto de 8 metros de lonxitude e 4 de altura, cun peso estimado de 5500 quilogramos. Presentaba tres cornos na súa cabeza, un peteiro forte e groso semellante ó dos papagaios, un volante óseo (gola) revestido de espiñas, ademais de patas macizas e un corpo robusto. Probablemente o Pentaceratops, do mesmo xeito que a maioría dos ceratopsianos, presentaban un comportamento gregario.[1]
Pentaceratops, como todos os ceratopsianos, era un herbívoro. Durante a súa vida as plantas con flores estaban limitadas, e é tan probable que este dinosauro se alimentase coas plantas predominantes da era: fentos, cycas e coníferas. Utilizaría o seu peteiro agudo de ceratopsiano para arrincar as follas ou as agullas.
Lehman, T. M., 2001, Late Cretaceous dinosaur provinciality: In: Mesozoic Vertebrate Life, edited by Tanke, D. H., and Carpenter, K., Indiana University Press, pp.310–328.
Sullivan, R.M., and Lucas, S.G. 2006. "The Kirtlandian land-vertebrate "age" – faunal composition, temporal position and biostratigraphic correlation in the nonmarine Upper Cretaceous of western North America". New Mexico Museum of Natural History and Science, Bulletin 35:7-29.
Lucas, S.G., Sullivan, R.M., Hunt, A.P., 2006, Re-evaluation of Pentaceratops and Chasmosaurus (Ornithischia, Ceratopsidae) in the Upper Cretaceous of the Western Interior: New Mexico Museum of Natural History and Science, Bulletin 35