Penguin Books

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Penguin Books Ltd»)
Penguin Books

Placa conmemorando o quincuaxésimo aniversario da fundación da editorial no número 8 de Vigo Street.
TipoEditorial
Fundación1935 (como selo editorial de The Bodley Head)
MatrizPenguin Random House
LocalizaciónWestminster, Londres, Reino Unido Reino Unido
FundadorAllen Lane, Richard Lane, John Lane
Na rede
https://penguin.com/ e https://penguin.co.uk/
Facebook: PenguinGroupUSA Twitter: penguinusa Instagram: penguinukbooks Pinterest: penguinbooksusa Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Penguin Books é unha editorial británica, fundada en 1935 por Allen Lane e os seus irmáns Richard e John, coa intención de subministrar literatura de calidade a prezos asequibles, e que foran vendidos non só en librerías, senón tamén en estacións ferroviarias e en tendas en xeral.[1] Os seus produtos máis sobranceiros son os seus libros de peto, publicados por primeira vez no ano de fundación da empresa, malia que nun comezo só era un selo editorial de The Bodley Head. A editorial tamén tivo un grande impacto no debate público do Reino Unido, grazas aos seus libros sobre a cultura británica, a política, as artes e a ciencia.

Ten a súa sede na Cidade de Westminster, en Londres.

No ano 1961 creou a colección Penguin Modern Classics, co obxectivo de dar aos grandes escritores modernos unha categoría semellante á de Homero ou Charles Dickens. Entre os autores desta colección atópanse Federico García Lorca, Gabriel García Márquez ou Pablo Neruda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Waters, Florence (26 de agosto de 2010). "Penguin’s pioneering publisher - who never read books". The Telegraph (en inglés).