Pendente (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

* Para o elemento estrutural véxase Cuncha (estrutura).

Capela do Pilar da catedral de Compostela: cruz de Santiago nunha das pendentes

Unha pendente[1], tamén chamada cuncha[2], é en arquitectura cada un dos elementos construtivos triangulares que resolve o encontro entre a base circular dunha cúpula e un espazo inferior cadrado. Ten unha superficie esférica triangular limitada por tres arcos de circunferencia.

Este recurso arquitectónico comezou a utilizarse en Bizancio no século VI. Un dos edificios máis destacados que utiliza este tipo de soporte para a súa cúpula é a igrexa de Santa Sofía en Constantinopla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Pendente", no Dicionario da Real Academia Galega". Consultado o 15/02/2018. 
  2. Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]