Península de Huon
Tipo | península ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Jean-Michel Huon de Kermadec ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Morobe, Papúa-Nova Guinea ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Salomón ![]() | |||
Características | ||||
Superficie | 5.680 km² ![]() | |||
A península de Huon é unha gran península localizada no extremo oriental da illa de Nova Guinea. Administrativamente pertence á provincia de Morobe de Papúa-Nova Guinea.[1]
Foi clasificada polo Fondo Mundial para a Natureza como unha ecorrexión (Bosque chuvioso da península de Huon, AA0107).[2]
Ten 89 km de longo. Encóntrase rodeada polo mar de Bismarck ao norte, o mar de Salomón ao leste, o golfo de Huon ao sur e o río Markham ao oeste.[3] Na península encóntrase a cordilleira Saruwaged, que se eleva a máis de 4 000 m.[3]
Foi nomeada en honor ao navegante francés Jean-Michel Huon de Kermadec, capitán da fragata L'Espérance, que era o segundo ao mando da expedición comandada por Bruni d'Entrecasteaux, á fronte da nave La Recherche que, entre 1791 e 1793 intentou encontrar a expedición perdida de La Pérouse.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Traveljournals.net. 2008. Huon Peninsula[Ligazón morta]. Consultada o 10 de maio de 2020.
- ↑ John Morrison (2001): World Wildlife Fund Scientific Report: Huon Peninsula montane rain forests (AA0107). Publicado en Terrestrial ecoregions of the Indo-Pacific: a conservation assessment. World Wildlife Fund.
- ↑ 3,0 3,1 Encyclopædia Britannica. 2008. Encyclopædia Britannica Online: Huon Peninsula. Consultada o 10 de maio de 2020.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |