Península de Chukotka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 66°N 172°O / 66, -172

Situación da península de Chukotka en Siberia
Mapa que mostra a proximidade das penínsulas de Chukotka e Seward

A península de Chukotka (en ruso: Чукотский полуостров) ou Chukchi (en ruso: Чукотка) é unha península que constitúe o extremo nororiental de Siberia, de Rusia e do continente asiático. A península de Chukotka está enfrontada á americana península de Seward, sendo ambas os extremos do estreito de Bering.

Administrativamente, a península forma parte do distrito autónomo de Chukotka da Federación de Rusia.[1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Panorama das montañas de Chukotka dende Gambell, Alasca

A península de Chukotka está bañada polas augas do mar de Chukchi ao norte, polo mar de Bering ao sur e polo estreito de Bering, ao leste. A península ten unha lonxitude máxima duns 960 km en dirección SE-NW, cunha largura no istmo duns 500 km. A súa largura media é de 300–400 km, aínda que no extremo oriental ten unha subpenínsula duns 200 km de largo (cunha superficie aproximada duns 50 000 km²). Ás veces, só esta subpenínsula é considerada como a península de Chukotka.

As costas da península comezan, ao oeste, na desembocadura do río Chaun (na baía Chaunskaya) e finalizan, ao leste, na desembocadura do río Anadyr (no golfo de Anadyr). Esas costas son unha das etapas da ruta do Mar do Norte ou paso do nordés.

No extremo oriental da península está o cabo Dezhneva (preto do asentamento de Uelen), que é o punto máis oriental de Asia.

A península foi tradicionalmente o fogar dos nativos chukchi, que continúan a vivir nela xunto con outros pobos, iupiks siberianos, koryaks, chuvans, evens, yukaghirs e algúns colonos rusos.

A principal actividade económica é a minaría, con explotacións de zinc, ouro e carbón. Tamén se practican a caza, fundamentalmente de renos, a pesca e o turismo de vida silvestre.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1648, Semion Dezhniov e Fedot Alekseyev Popov lideraron unha expedición, de entre 90 e 105 persoas, que partindo da desembocadura do río Kolyma alcanzou a desembocadura do río Anadyr. A bordo de sete kochs (pequenas naves cosacas aptas para navegar na banquisa), levoulles dez semanas de navegación acadar o esteiro do Anadyr tras bordear completamente a península de Chukotka. Esa expedición descubriu que Asia non estaba unida por terra con Alasca. A participación de Dezhniov nesa parte da viaxe non está documentada, e só as actividades de Fedot Alekseyev poden documentarse.

Díxose que na península estaban situados o campo de prisioneiros e a mina onde Cornelius Rost afirmou que estivo preso, como se describe no libro As Far as My Feet Will Carry Me de Josef Martin Bauer. Non obstante, a existencia dun campo nesa época foi refutada.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chukchi Peninsula". Encyclopedia.com. Consultado en setembro de 2010.
  2. Falsche Nachkriegserinnerungen - Der Schnee von gestern (en alemán) Sueddeutsche Zeitung, puclicado o 23 de marzo de 2010, consultado o 21 de decembro 2011

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aĭnana, L., and Richard L. Bland. Umiak the traditional skin boat of the coast dwellers of the Chukchi Peninsula : compiled in the communities of Provideniya and Sireniki, Chukotka Autonomous Region, Russia 1997-2000. Anchorage: U.S. Dept. of the Interior, National Park Service, 2003.
  • Dinesman, Lev Georgievich. Secular dynamics of coastal zone ecosystems of the northeastern Chukchi Peninsula Chukotka : cultural layers and natural depositions from the last millennia. Tübingen [Germany]: Mo Vince, 1999. ISBN 3-934400-03-5
  • Dikov, Nikolaĭ Nikolaevich. Asia at the Juncture with America in Antiquity The Stone Age of the Chukchi Peninsula. St. Petersburg: "Nauka", 1993.
  • Frazier, Ian, Travels in Siberia, Farrar, Straus, and Giroux, 2010. Travelogue in Siberia.
  • Portenko, L. A., and Douglas Siegel-Causey. Birds of the Chukchi Peninsula and Wrangel Island = Ptitsy Chukotskogo Poluostrova I Ostrova Vrangelya. New Delhi: Published for the Smithsonian Institution and the National Science Foundation, Washington, D.C., by Amerind, 1981.