Pelophylax kl. esculentus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pelophylax kl. esculentus
Rana esculenta on Nymphaea edit.JPG
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Ranidae
Xénero: Pelophylax
Especie: P. lessonae × P. ridibundus
Nome binomial
Pelophylax kl. esculentus
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

Pelophylax esculentus (Linnaeus, 1758)
Rana esculenta Linnaeus, 1758

Pelophylax kl. esculentus [1][2] é o nome científico dunha ra verde europea comestible orixinada por hibridación (ver clepton, kl.).

Utilízase como alimento, especialmente en Francia, para comer as súas ancas. As femias miden entre 5 e 9 cm de longo, os machos entre 6 e 11 cm.

Distribución[editar | editar a fonte]

Pelophylax kl. esculentus é endémica de Europa. Aparece de forma natural desde a metade norte de Francia ao oeste de Rusia, e desde Estonia e Dinamarca a Bulgaria e norte de Italia. Foi introducida en España[3] e o Reino Unido.[4] A área de distribución natural é case idéntica á de Pelophylax lessonae.[5]

Hibridoxénese[editar | editar a fonte]

Pelophylax kl. esculentus é o híbrido fértil entre a especie Pelophylax lessonae e Pelophylax ridibundus. Reprodúcese por hibridoxénese (hemiclonalmente).[6][7][8][9][10]

A hibridoxénese implica que durante a gametoxénese os híbridos (de xenotipo RL) exclúen un xenoma parental (L ou R) e producen gametos cun xenoma non recombinado da outra especie parental (R ou L, respectivamente), en vez de conteren unha combinación de xenomas parentais recombinados.[7][8][10] As poboacións híbridas propáganse xeralmente por apareamento (por retrocruzamento) cunha especie parental simpátrica (P. lessonae (LL) ou P. ridibundus (RR)), proporcionando o segundo xenoma parental descartado (L ou R, respectivamente).[7][8][10] A hibridoxénese é así un modo hemiclonal de reprodución; a metade do xenoma transmítese á seguinte xeración clonalmente e sen recombinar (intacto); a outra metade faino sexualmente e recombinado.[11][9][10]

Por exemplo, no sistema máis estendido chamado sistema L–E, as ras Pelophylax kl. esculentus (RE) producen gametos da ra P. ridibundus (R) e aparéanse con ras Pelophylax lessonae (L gametos) coexistentes (ver abaixo a imaxe central).[7][10]

Exemplo de cruzamento entre Pelophylax lessonae e P. ridibundus e os seus híbridos P. kl. esculentus. O primeiro é a hibridación primaria que xera o híbrido; a segunda é o tipo máis estendido de hibridoxénese.[7][9]

Como este híbrido require outro taxon como hóspede sexual para reproducirse, que xeralmente é unha das especies parentais, é o que se denomina un clepton[12][13][14]. Por tanto, de aí vén que se engada "kl." (que indica klepton, clepton) no nome da especie.[15]

Tamén se coñecen poboacións con todos os individuos híbridos, nos que os híbridos diploides (LR) coexisten con híbridos triploides (LLR ou LRR), proporcionando xenomas L ou R, respectivamente. Nesta situación, os híbridos diploides (LR) xeran non só gametos R ou L haploides, senón tamén os gametos diploides (RL) necesarios para volver crear os triploides.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Frost, Darrel R. (2006). "Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 4". American Museum of Natural History, New York, USA. Consultado o 17 August 2006. 
  2. Frost, Grant, Faivovich, Bain, Haas, Haddad, de Sá, Channing, Wilkinson, Donnellan, Raxworthy, Campbell, Blotto, Moler, Drewes, Nussbaum, Lynch, Green, and Wheeler 2006. The amphibian tree of life. Bulletin of the American Museum of Natural History. Number 297. New York. Issued March 15, 2006.
  3. Frost, Darrel R. «Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.3 (12 February, 2009)» (en inglés). American Museum of Natural History, New York, USA. Consultado el 30 de agosto de 2009. «ASW (2009)»
  4. "Non-native amphibians". The Amphibian and Reptile Conservation Trust. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2017. Consultado o 9 de setembro de 2017. 
  5. "Pelophylax esculentus, Edible Frog". AmphibiaWeb. Consultado o 28 January 2014. 
  6. Berger, L. (1970). "Some characteristics of the crossess within Rana esculenta complex in postlarval development". Ann. Zool. 27: 374–416. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Holsbeek, G.; Jooris, R. (2010). "Potential impact of genome exclusion by alien species in the hybridogenetic water frogs (Pelophylax esculentus complex)" (PDF). Biol Invasions (Springer Netherlands) 12: 1–13. ISSN 1387-3547. doi:10.1007/s10530-009-9427-2. Consultado o 2015-06-21. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Christiansen D. G. (2009). "Gamete types, sex determination and stable equilibria of all-hybrid populations of diploid and triploid edible frogs (Pelophylax esculentus) Rana esculenta as deduced from mtDNA analyses.". BMC Evolutionary Biology 9 (135). PMC 2709657. PMID 19527499. doi:10.1186/1471-2148-9-135. Consultado o 2012-07-25. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Vorburger, Christoph; Reyer, Heinz-Ulrich (2003). "A genetic mechanism of species replacement in European waterfrogs?" (PDF). Conservation Genetics (Kluwer Academic Publishers) 4: 141–155. ISSN 1566-0621. doi:10.1023/A:1023346824722. Consultado o 2015-06-21. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Ragghianti M, Bucci S, Marracci S, Casola C, Mancino G, Hotz H, Guex GD, Plötner J, Uzzell T (February 2007). "Gametogenesis of intergroup hybrids of hemiclonal frogs." (PDF). Genet. Res. 89 (1): 39–45. doi:10.1017/S0016672307008610. Consultado o 2012-07-25. 
  11. Simon J.-C.; Delmotte F.; Rispe C.; Crease T. (2003). "Phylogenetic relationships between parthenogens and their sexual relatives: the possible routes to parthenogenesis in animals." (PDF). Biological Journal of the Linnean Society 79: 151–163. doi:10.1046/j.1095-8312.2003.00175.x. Consultado o 2012-07-30. 
  12. Dubois, Alain (2009). "Asexual and metasexual vertebrates. Book review" (PDF). Alytes (ISSCA (International Society for the Study and Conservation of Amphibians)) 27 (2): 62–66. Consultado o 2015-06-22. John C. Avise, 2008.–Clonality. The genetics, ecology, and evolution of sexual abstinence in vertebrate animals. New York, Oxford University Press: i-xi + 1-237. ISBN 978-0-19-536967-0. 
  13. Dubois, A.; Günther, R. (1982). "Klepton and synklepton: two new evolutionary systematics categories in zoology". Zool. Jahrb. Syst. (Zoologische Jahrbücher. Abteilung für Systematik, Ökologie und Geographie der Tiere) (Jena; Stuttgart; New York.: Gustav Fischer Verlag) 109: 290–305. ISSN 0044-5193. 
  14. Polls Pelaz, Manuel (October 1990). "The Biological Klepton Concept (BKC)". Alytes (ISSCA (International Society for the Study and Conservation of Amphibians)) 8 (3): 75–89. Consultado o 2015-06-22. 
  15. Dubois, Alain (October 1990). "Nomenclature of parthenogenetic, gynogenetic and hybridogenetic vertebrate taxons: new proposals". Alytes (ISSCA (International Society for the Study and Conservation of Amphibians)) 8 (3): 61–74. Consultado o 2015-06-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]