Pelecanus thagus
Pelecanus thagus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pelícano peruano en plumaxe reprodutora, na baía de Pucusana, Perú. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Pelecanus thagus Molina, 1782 |
Pelecanus thagus, xeralmente chamado pelicano peruano, é unha especie de aves mariñas do xénero dos pelicanos que habita nas costas do Pacífico de América do Sur. Actualmente considérase que constitúe unha especie e que non é unha subespecie do Pelecanus occidentalis como se considerou anteriormente.
Distribución[editar | editar a fonte]
O pelicano peruano habita as costas do Pacífico do Perú e Chile, e chega polo sur ata o Canal de Beagle fronte á illa Picton; en Arxentina é accidental, en especial en lagos da cordilleira: Lago Puelo, e Lago Fagnano.[2]
Descrición[editar | editar a fonte]
Mide de 1,1 a 1,5 metros de longo[3] e a súa envergadura alar pode superar lixeiramente os 2,28 m. Posúen un gran peteiro de cor amarela cunha bolsa na parte inferior (chamada bolsa gular) que utiliza para capturar e gardar os peixes cos que se alimenta. Captura os peixes mergullándose na auga desde a altura cando vai en voo, no que se parece a P. occidentalis, pero no que se diferencia do resto dos pelicanos, que pescan nadando pola superficie. Ten un aspecto máis ben escuro, xa que a súa plumaxe é de cor parda escura no dorso, mentres que a súa fronte, peito e laterais do pescozo son de cor branca. A parte dorsal do pescozo, se torna parda durante o período reprodutivo. Ten un penacho de plumas na cabeza. En tamaño é case o dobre que o P. occidentalis, cun peso medio de 7 kg.[4]
Reprodución[editar | editar a fonte]
A principal tempada reprodutora é entre setembro e marzo. O tamaño da posta é xeralmente de dous a tres ovos. Os ovos son incubados durante unha 4 ou 5 semanas, e a crianza dos pitiños dura uns 3 meses.
Status[editar | editar a fonte]
Desde 2008 o seu status está avaliado como "case ameazada" (NT) na Lista vermella da IUCN.[5]
Galería[editar | editar a fonte]
Pelícano peruano en plumaxe non reprodutor, en augas peruanas.
Pelicanos peruanos no Parque Nacional Pan de Azúcar de Chile a inicios de setembro de 2009.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BirdLife International (2009). "Pelecanus thagus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 23 de abril de 2009.
- ↑ Chébez, J.C. (2009): Otros que se van. Fauna argentina amenazada.545 pp., Ed.Albatros, Buenos Aires, Argentina
- ↑ Chester, Sharon R. (2008). A Wildlife Guide to Chile: Continental Chile, Chilean Antarctica, Easter Island, Juan Fernández Archipelago. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. pp. 174–75. ISBN 0691129762. Consultado o 29 de xuño de 2012.
- ↑ Austermühle, Stefan (17 de outubro de 2010). "Peruvian Pelican". Mundo Azul. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2012. Consultado o 9 de xuño de 2012.
- ↑ BirdLife International (BLI) (2008) Peruvian Pelican Species Factsheet, 2008 IUCN Redlist status changes.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pelecanus thagus ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pelecanus thagus |