Saltar ao contido

Peixe Voador (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peixe Voador
 Instancia de
 Epónimo
 Parte de
Características físicas
Superficie141,4 °² Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
1597 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01f16j Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Volans ou Peixe voador,[1] é unha constelación que só se pode ver, practicamente, dende lugares localizados no hemisferio sur terrestre (a excepción dalgúns lugares no hemisferio norte, próximos ó ecuador). Esta foi unha das creacións dos navegantes neerlandeses Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos 1595 e 1597. Apareceu por primeira vez nos mapas estelares preparados polo astrónomo alemán Johann Bayer publicados na Uranometria de (1603).

Aspectos notables

[editar | editar a fonte]

Volans é unha das poucas constelacións onde á súa estrela máis brillante non se lle asignou a primeira letra do abecedario grego. Nesta, a máis brillante é Beta (β) Volantis, con magnitude de 3,77. Alfa (α) Volantis é tan só a quinta en magnitude (4,00).

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Volans é unha constelación moderna, foi inserida a finais século XVI. Por tal motivo, non ten elementos mitolóxicos asociados a ela.

Estrelas notables

[editar | editar a fonte]
Nome Mag. α
(J2000.0)
δ
(J2000.0)
Distancia
anos luz
Comentarios
Gamma (γ) Volantis3,7807h 08m 44,9s−70° 29' 56"142
Zeta (ζ) Volantis3,9307h 41m 49,2s−72° 36' 22"134
  • estrela binaria; compoñentes ζ Volantis A (mag. 3,93) e ζ Volantis B (10ma)
Alfa (α) Volantis4,0009h 02m 26,8s−66° 23' 46"124
Epsilon (ε) Volantis4,3508h 07m 55,8s−68° 37' 02"642
Kappa Volantis5,3308h 19m 49,0s−71° 30' 54"393
  • sistema triplo: k¹ Volantis (mag. 5,33), κ² Volantis (mag. 5,63), κ Volantis C (mag. 8,5)
HD 767008,138h 53m 55,52s-66° 48' 3,57"195
  • ten un planeta (un xigante gasoso ¹/5 a masa de Xúpiter); descuberto no 2002

Mag. = Magnitude aparente | α = ascensión recta | δ = declinación
Fonte: The Bright Star Catalogue, 5ta ed. revisada., Catálogo de Hiparco, ESA SP-1200

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]