Peite (arácnidos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nos escorpións chámase peite[1] (en latín científico pecten) a cada unha das estruturas lamelares e móbiles, en forma de peite, que son modificacións dos apéndices do terceirro segmento do opistosoma. Teñen funcións táctiles mecanorreceptoras e quimiorreceptoras de contacto, e están situadas na cara ventral do animal do mesosoma (a parte ancha do opistosoma, ben diferenciada do metasoma, rexión estreita e cilíndrica formada por cinco segmentos máis o telson e vulgarmente coñecida como cola.[2][3]

Son órganos sensoriais situados un en cada lado da chamada placa pectínea, na zona ventral do escorpión. O seu nome é consecuencia da similitude que a súa forma ten cos peites. Están formados por tres filas de placas lonxitudinais, entre as cales a placa basal media e os fulcros son significativos para a sistemática dos xéneros e as especies.[4]

Os peites son captadores sensoriais que informan aos escorpións, palpando, da composición da superficie examinada, a súa humidade e a súa temperatura.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Peite". TERGAL. Consultado o 29 de marzo de 2017. 
  2. pente (Arthropoda:Arachnida), en Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.
  3. Escorpión en Wikifauna.
  4. peines. Anatomía del alacrán. En geocities.ws
  5. peine, en Estructura y función de los escorpiones. En jazmin-lavin.blogspot.com.es