Pegusa triophthalma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pegusa triophthalma
Linguado de tres ollos
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Soleidae
Xénero: Pegusa
Especie: P. triophthalma
Nome binomial
Pegusa triophthalma
(Bleeker, 1863)

Pegusa triophthalma (Bleeker, 1863) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] coñecida en galego como linguado de tres ollos.[2]

É unha especie de pequeno linguado que habita nas costas da África centro-oriental, desde Mauritania até o golfo da Guinea.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1863 polo ictiólogo holandés Pieter Bleeker, co nome de Solea triophthalma.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome orixinario que lle impuxo Bleeker, a especie coñécese tamén polos sinónimos:[1]

  • Pegusa triophthalmus (Bleeker, 1863) (incorrecto gramaticalmente)
  • Solea triophthalmus (Bleeker, 1863 (incorrecto gramaticalmente)

Características e bioloxía[editar | editar a fonte]

Pegusa triophthalma é un pequeno linguado de até 30 cm de lonxitude, que vive en augas tropicais, mariñas e salobres, demersal e oceanódromo, nas costas do Atlántico oriental, entre os 21° N e 1° N, desde Mauritania ao golfo da Guinea, non encontrándose ao sur do cabo López, Gabón (que marca os límtite sur do Golfo de Guniea). nin ao norte do Río de Oro.[3]

Habita en fondos de area, de entre os 10 e os 30 m de profundidade, e pode entrar nas lagoas litorais, xa que soporta as augas salobres.[3]

Aliméntase de moluscos e outros invertebrados bentónicos.[3]

Pesca[editar | editar a fonte]

Este pequeno linguado captúrase na súa área de distribución, na zona de pesca 34 (Atlántico centro-leste).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]