Pegusa nasuta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pegusa nasuta
Linguado do mar Exeo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Soleidae
Xénero: Pegusa
Especie: P. nasutaa
Nome binomial
Pegusa nasuta
Pallas, 1814
Exemplares de P. nasuta capturados no golfo de Odesa, mar Negro, Ucraína.

Pegusa nasuta (Pallas, 1814) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] coñecida en galego como linguado do mar Exeo.[2]

É unha especie moi semellante a P. lascaris, o linguado do mar Exeo, coa que adoito se confunde, que habita nas costas do Mediterráneo, especialmente nas da beira norte, e nos mares Negro e de Azov.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1814 polo zoólogo alemán Peter Simon Pallas, co nome de Pleuronectes nasutus.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome orixinario que lle impuxo Pallas, a especie coñécese tamén polos sinónimos:[1]

  • Pegusa impar nasuta (Pallas, 1814)
  • Solea bleekeri Boulenger, 1898
  • Solea lascaris nasuta (Pallas, 1814)
  • Solea nasuta (Pallas, 1814)

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome específico, nasuta, é a forma feminina do adxectivo latino nāsūtus, -a, -um, "narigudo, nariguda".

Controversia taxonómica[editar | editar a fonte]

No pasado, esta especie foi considerada como unha subespecie de Pegusa lascaris, Pegusa lascaris nasuta. Debiso a iso, ás veces meciónase, erroneamente, como Pegusa lascaris nos textos dobre a fauna do mar Negro.[3]

Características e bioloxía[editar | editar a fonte]

Moi semellante a Pegusa lascaris, é un pequeno linguado de até 20 cm de lonxitude,[4] que vive en augas subtropicais, mariñas e salobres, demersal e oceanódromo,[5] nas costas do Mediterráneo, especialmente nas da beira norte, e nos mares Negro e Azov.[6]

Pesca[editar | editar a fonte]

Pegusa nasuta captúrase na súa área de distribución, na zona de pesca 37 (Mediterráneo).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Pegusa nasuta (Pallas, 1814) no WoRMS,
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85. Estes autores identifican a especie como Solea nasuta (Pallas, 1814), que é un dos seus sinónimos máis empregados.
  3. Movchan, Yu. V. (2011): Fish of Ukraine, Kiev.
  4. Quéro, J.-C.; M. Desoutter & F. Lagardère (1986): "Soleidae", pp. 1308-1324 en: P. J. P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen & E. Tortonese, eds. Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean. Paris: UNESCO, Vol. 3.
  5. Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Germany.
  6. Pegusa nasuta (Pallas, 1814) en FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Vachon, J.; M. Desoutter & F. Chapleau (2005): Solea bleekeri Boulenger, 1898, a junior synonym of Pegusa nasuta (Pallas, 1814), with the recognition and redescription of Solea turbynei Gilchrist, 1904 (Pleuronectiformes: Soleidae)". Cybium 29 (4): 315-319.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]