Pedro Vázquez Rábade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Vázquez Rábade
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata (115/116 anos)
Saavedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pedro Vázquez Rábade, nado en Saavedra (Begonte) en 1908, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo os seus primeiros estudos en Lugo. Marchou despois a Madrid onde estudou contrapunto, harmonía, piano e violín co mestre Conrado del Campo na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Foi profesor de violín e solfexo na sociedade Anaquiños d’a Terra. Pouco antes de producirse a sublevación do 18 de xullo de 1936 marchou a Cuba co seu irmán Raimundo. Publicou poemas en Cultura Gallega e Cultura Hispánica. Despois trasladouse a Camagüey onde publicou na prensa local. Logo do triunfo da Revolución foi dirixente do movemento cultural de Camagüey. Anos despois marchou de Cuba.

Obras[editar | editar a fonte]

En 1937 apareceu o seu poemario Invisibres com’o vento (con 47 poemas en galego e 16 en castelán). Posteriormente publicou os poemarios Así va la vida (1940), Un mundo nuevo (1944) e Ahora es la hora, nos anos sesenta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]