Pedro Santisteve
Biografía | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1958 (65 anos) Zaragoza, España | ||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||
Alcalde de Zaragoza | |||||||||||||||
Período | 13 de xuño de 2015 – | ||||||||||||||
Antecesor | Juan Alberto Belloch | ||||||||||||||
Sucesor | Luis Felipe Serrate | ||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||
Educación | Universidade de Zaragoza | ||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||
Lugar de traballo | Zaragoza | ||||||||||||||
Ocupación | profesor universitario , político , avogado , cantante | ||||||||||||||
Empregador | Universidade de Zaragoza | ||||||||||||||
Partido político | Zaragoza en Común | ||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||
Lista
|
Pedro Santisteve Roche, nado en Zaragoza o 28 de maio de 1958, é un avogado penalista, activista social e profesor universitario aragonés. Foi o alcalde de Zaragoza dende o 13 de xuño de 2015 até o 15 de xuño de 2019.
Biografía[editar | editar a fonte]
Santisteve licenciouse en Dereito e exerce dende 1984 como avogado penalista. Ao longo da súa traxectoria persoal destacouse pola súa crítica ao sistema penitenciario actual e pola defensa dos dereitos das persoas encarceradas. É fundador da Asociación de Seguimento e Apoio a Presas e Presos en Aragón (ASAPA), que en 2000 recibiu da Deputación Xeral de Aragón a Medalla ao Mérito Social. Dende a década de 1990 é profesor na facultade de Dereito da Universidade de Zaragoza.
Carreira política[editar | editar a fonte]
A entrada de Santisteve en política comezou co movemento 15-M. En 2015 resultou gañador do proceso de primario de Ganemos Zaragoza, no que participaron máis de 3.700 persoas. Deste modo, Santisteve foi o cabeza de lista da candidatura de unidade cidadá Zaragoza en Común (ZeC), na que conflúen movementos sociais, Podemos, Izquierda Unida, Equo, Puyalón de Cuchas, Piratas de Aragón, Somos e Demos+.
O programa co que esta candidatura concorreu aos comicios municipais estivo baseado na transparencia institucional, a toma de decisións participativa, a rendición de contas e unha política social máis ampla.
Esta candidatura, liderada por Santisteve, obtivo nas eleccións municipais do 24 de maio de 2015 80.040 votos (24,57%) e 9 concelleiros, quedando como a segunda forza política por detrás do PP, con 10 concelleiros, e por enriba do PSOE, con 6 concelleiros.
O 13 de xuño de 2015 Pedro Santisteve foi investido alcalde de Zaragoza grazas aos votos dos concelleiros de Zaragoza en Común (ZeC), o PSOE e Chunta Aragonesista (CHA).[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Santisteve, novo alcalde de Zaragoza co apoio de PSOE e CHA". Heraldo.es. 13 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Santisteve |
Predecesor: Juan Alberto Belloch |
Alcalde de Zaragoza 13 de xuño de 2015 - 15 de xuño de 2019 |
Sucesor: Jorge Azcón |