Pedro Manfredini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manfredini
Información persoal
Nome Pedro Waldemar Manfredini
Nacemento 7 de setembro de 1935
Lugar de nacemento Maipú
Falecemento 21 de xaneiro de 2019
Lugar de falecemento Roma
Altura 1,72 m.
Posición dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Deportivo Maipú
1957–1959 Racing Club 39 (28)
1959–1965 Roma 130 (76)
1965 Inter de Milán 0 (0)
1965–1966 Brescia 8 (1)
1966–1968 Venezia 23 (4)
1969 Deportes La Serena (17)
Selección nacional
1959 Arxentina 3 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Pedro Waldemar Manfredini, nado en Russell, Maipú, Mendoza, o 7 de setembro de 1935 e finado en Roma o 21 de xaneiro de 2019, foi un futbolista arxentino que xogaba como dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística no Deportivo Maipú da súa localidade natal, onde tivo como adestrador a Raimundo Orsi.[1] Despois de anotar 36 goles no torneo de 1956 da Liga Mendocina, fichou polo Racing Club de Avellaneda en 1957, proclamándose campión da Primeira División da Arxentina ao ano seguinte, 1958, no que rematou como o cuarto máximo goleador da liga, con 19 goles, só superado por José Sanfilippo, Alfredo Rojas e Eugenio Callá.

Manfredini adestrando coa Roma entre os anos 50 e 60

Despois de dúas tempadas na máxima categoría da Arxentina, cruzou o océano Atlántico en 1959 para fichar pola Roma, da Serie A italiana.[1] Militou no club romano durante sete tempadas, gañando a Copa de Feiras en 1961, torneo do que rematou como máximo goleador con 12 goles, 4 deles anotados nun mesmo partido correspondente á volta das semifinais contra o Hibernian escocés. Xa marcara outros dous na ida e anotou dous máis no partido de ida da final contra o Birmingham.

Na tempada 1962/63 foi o máximo goleador tanto da Serie A, empatado con Harald Nielsen a 19 goles, como da Copa de Feiras, onde marcou 6 tantos, os mesmos que o seu compañeiro e compatriota Francisco Lojacono. Na primeira rolda do torneo volveu marcar catro goles nun partido, desta vez fronte o Altay turco. A Roma chegou ás semifinais, onde caeu ante o Valencia de Scopelli.

Na seguinte tempada conquistou a Copa de Italia, xa co Toto Lorenzo como adestrador. Disputou un total de 164 partidos coa Roma, marcando 101 goles, sendo no seu día o terceiro máximo goleador histórico do club, só por detrás de Amedeo Amadei e Rodolfo Volk.

Posteriormente fichou polo Inter de Milán, que o cedeu primeiro ao Brescia e logo ao Venezia, antes de retirarse en 1969 nas filas do Deportes La Serena de Chile.[1]

Selección arxentina[editar | editar a fonte]

Disputou tres partidos coa selección arxentina, todos eles durante a Copa América de 1959. Marcou dous goles no partido inaugural do torneo, un 6-1 contra Chile, e acabou proclamándose campión.[2]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Racing Club
Roma
Selección arxentina
Individual

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "El adiós a Pedro Manfredini, un goleador implacable". Clarín (en castelán). 23 de xaneiro de 2019. Consultado o 1 de abril de 2022. 
  2. "Southamerican Championship 1959 (1st Tournament)". rsssf.com (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]