Pedro Guimarey
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de xullo de 1905 Ferrol |
| Morte | 20 de setembro de 1936 Ferrol |
| Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, escritor, político |
Pedro Guimarey Filgueiras, nado en Ferrol o 5 de xullo de 1905 e finado na mesma cidade o 20 de setembro de 1936, foi un escritor, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Practicante de profesión, colaborou en El Practicante Galaico. Escritor e bibliotecario do Centro Obreiro de Cultura. En 1931 publicou algúns poemas en castelán na revista Vida Gallega, colaborou en El Gráfico, fíxose cargo do periódico Nueva infancia. Ensayo de periódico para niños e dirixiu o semanario Renovación. Foi presidente do Partido Republicano Democrático Federal de Ferrol (1933). En 1934 integrouse en Unión Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Ferrol o 20 de setembro de 1936.
Amais da súa vida cultural e política foi futbolista, chegando a militar no Racing Club de Ferrol na temporada 1924/25 aínda que sen disputar partidos de competición oficial co club verde.
Obras
[editar | editar a fonte]
- Pepa Andrea, Nós, 1933 (reimpresión: Concello de Ferrol, 2018). Escenificada por Xosé María Pérez Parallé.[1]
- La Luminaria de Dios, 1934.
- Nidos de esclavos, 1935.
- Doña Tierra, estreada no Teatro Jofre en xuño de 1936.[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Iglesias, Xabier (18/4/2015). "Pepa Andrea". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
- ↑ El Pueblo Gallego, 23-6-1936, p. 9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Guimarey |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 212.
- Suárez, Xosé Manuel (2003). República e Guerra Civil en Ferrol. Ferrol. p. 15. ISBN 84-7492-489-8.
- "Pretextos cotidianos. Un nuevo literato gallego digno de loa". El Pueblo Gallego (en castelán) (Vigo): 1. 22/1/1935.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Deibe Ceniza, Alba (21/11/2015). Pedro Guimarey Filgueiras galiciaterramaxica.blogspot.com
- Lorenzo Gil, César (22/4/2016). "Noticia de Pedro Guimarey, dramaturgo de éxito asasinado no 1936", Biosbardia.