Pedro Eugenio Aramburu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Eugenio Aramburu Cilveti
Nome orixinal(es) Pedro Eugenio Aramburu Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1903 Editar o valor em Wikidata
Río Cuarto
Morte1 de xuño de 1970 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Carlos Tejedor
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério da Recoleta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
Presidente da Arxentina
Período13 de novembro de 1955 - 1 de maio de 1958
AntecesorEduardo Lonardi
SucesorArturo Frondizi
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónColégio Militar da Nação (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmilitar (xeneral)
Período de actividade1922 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoUnión del Pueblo Argentino - Udelpa
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Arxentino Editar o valor em Wikidata
Rango militartenente-general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Aramburu-13 Find a Grave: 7023918 Editar o valor em Wikidata


Pedro Eugenio Aramburu Cliveti, nado en Río Cuarto, Arxentina, o 21 de maio de 1903 e finado en Carlos Tejedor, Buenos Aires, o 1 de xuño de 1970, foi un militar e político arxentino, que exerceu como ditador do seu país de 1955 a 1958, autodenominándose presidente de facto, despois do golpe de Estado militar da chamada Revolución Libertadora.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu na provincia de Córdoba, sendo os seus pais Carlos Aramburu Nuñez e Leocadia Clivet ou Cilveti.

Inspirador da chamada Revolución Libertadora que derrocou ao goberno constitucional de Juan Domingo Perón o 16 de setembro de 1955, substituíu como presidente de facto a Eduardo Lonardi, quen pretendía unha conciliación co peronismo. Mantivo como corpo asesor a "Xunta Consultiva" que creara Lonardi, formada por partidos da oposición ao peronismo. En 1957 convocáronse eleccións para unha Convención Constituínte, nun marco de proscripción do peronismo. Estas eleccións provocaron a división da Unión Cívica Radical ao consolidarse un sector acuerdista co peronismo, liderado por Arturo Frondizi. Ao retirarse os constituíntes de Frondizi, a Asemblea Constituínte limitouse a recuperar o texto de 1853 e a reunir no artigo 14 bis un conxunto de dereitos sociais.

Un dos principais obxectivos da Revolución Libertadora foi a "desperonización do país", polo que se perseguiu aos funcionarios do réxime derrocado, interveuse a CXT, destruíronse todos os símbolos do peronismo que foran incorporados ao aparello do estado e chegouse a prohibir a soa mención do nome de quen pasou a ser chamado o "tirano prófugo" ou ben "o ditador deposto". O peronismo contestou cunha serie de folgas e sabotaxes, iniciando o que deu en chamarse a Resistencia Peronista.

O 9 de xuño de 1956, o xeneral Juan José Valle liderou un levantamento insurreccional co obxectivo de restaurar o goberno constitucional de Perón. O intento foi rapidamente sufocado, sendo fusilados sen o debido proceso legal o seu xefe e outros 17 militares, así como uns 15 civís no que o escritor Rodolfo Walsh chamou máis tarde a Operación Masacre.

A pesar de que o goberno militar fixo ingresar ao país no Fondo Monetario Internacional, non desfixo inmediatamente todo o esquema proteccionista típico das décadas anteriores. Pola contra, a Xunta Nacional de Grans e a Xunta Nacional de Carnes tomaron o control da exportación destes produtos, creouse o Instituto Nacional de Tecnología Agropecuaria e unha empresa estatal para a explotación de carbón en Río Turbio e inauguráronse fábricas e oleodutos.

Pedro Eugenio Aramburu vestido formal

Finalmente, Aramburu convocou a eleccións que foron gañadas o 23 de febreiro de 1958 por Arturo Frondizi (quen recibiu os votos do peronismo), a quen entregou o poder o 10 de maio do mesmo ano, retirándose a continuación do exercicio activo da profesión militar.

Nas eleccións de 1963, co peronismo proscrito, presentouse como candidato a presidente pola Unión do Pobo Arxentino, obtendo o terceiro lugar en número de sufraxios. O Colexio Electoral nomeou logo como presidente a Arturo Umberto Illia que obtivo o 22 por cento dos votos.

Pedro Eugenio Aramburu foi secuestrado o 29 de maio de 1970 na primeira acción pública da organización político militar Montoneros. En cativerio, foi acusado pola súa actividade durante o Golpe de estado de 1955, e os Fusilamentos de José León Suárez de 1956. A organización Montoneros denominou as acusacións "xuízo popular" (aínda que Aramburu non tivo a posibilidade certa de exercer a súa defensa) e foi condenado a morte. Aramburu foi asasinado por Fernando Abal Medina dun tiro de pistola no soto dunha quinta na localidade de Timote (partido de Carlos Tejedor, provincia de Buenos Aires).

Carreira militar[editar | editar a fonte]

Comezou os seus estudos no Colexio Militar da Nación, alcanzando sucesivamente os graos de Subtenente (1922) e Maior (1939). Foi profesor da Escola de Guerra en 1943. Xeneral de Brigada en 1951 e Comandante en Xefe do Exército en 1955, foi ascendido a tenente xeneral en 1958.

Gobernante de facto, autotitulado presidente da Arxentina

Segue a:
Eduardo Lonardi (de facto)
Pedro Eugenio Aramburu
Precede a:
Arturo Frondizi
Unión del Pueblo Argentino - Udelpa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]