Saltar ao contido

Pedro Calderón Ceruelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pedro Calderón de la Barca Ceruelo»)
Modelo:BiografíaPedro Calderón Ceruelo
Biografía
Nacemento9 de abril de 1864 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte1940 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil da provincia de Murcia
14 de xuño de 1917 –
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiPedro Calderón de la Barca Herce Collantes Editar o valor en Wikidata

Arquivo Histórico de Deputados: 18970

Pedro Calderón de la Barca Ceruelo, II marqués de Algara de Gres, nado en Madrid o 9 de abril de 1864 e finado na mesma cidade en 1940, foi un político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro Calderón de la Barca Herce Collantes. Foi nomeado profesor da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación en 1888.[1] Foi xefe de negociado do Ministerio de Graza e Xustiza. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito de Ortigueira nas eleccións de 1896. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Arzúa nas eleccións de 1899. Nas eleccións de 1907 foi elixido deputado polo distrito de Corcubión, pero renunciou á acta o 10 de marzo de 1908. Nas eleccións de 1914 foi elixido deputado polo distrito de Muros.

Herdou o título de marqués de Algara de Gres á morte do seu tío Manuel Calderón de la Barca Herce Collantes.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Mélida Labaig (1874–1923) e foi pai de Pedro Calderón de la Barca Mélida (n. 1897).

  1. El Magisterio Gallego, 25-2-1888, p. 3.
  2. La Correspondencia Gallega, 14-4-1908, p. 2.