Pedro Boado Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Boado Sánchez
Biografía
Nacementodata descoñecida
Quintás (Coles)[1]
Morte1823?
Océano Atlántico
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionaldoutor en leis
Actividade
Ocupaciónpolítico [2]
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Diálogo entre dos labradores gallegos afligidos y un abogado instruido, despreocupado y compasivo

Pedro Boado Sánchez, nado en Quintás (A Barra, Coles)[3] e finado en 1823 no océano Atlántico, foi un político e escritor galego, doutor en leis, de ideoloxía liberal.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diálogo entre dos labradores.[5]

Residía na Coruña en 1814 cando foi denunciado polos absolutistas como un dos liberais máis radicais. Era secretario do xefe político e acababa de ser nomeado maxistrado de Pamplona cando a restauración do absolutismo freou a súa carreira.[6] Participou no pronunciamento constitucional coruñés de 1820.[1] Foi secretario da Sociedad Patriótica da Coruña e nomeado xefe político dos distritos de Tui e Ourense e posteriormente da provincia de Ourense (1822).[7] Fundou o Boletín Oficial de Ourense, de tendencia liberal.[8] En xuño de 1823 publicou Diálogo entre dos labradores gallegos afligidos y un abogado instruido, despreocupado y compasivo,[5] coloquio de propaganda ideolóxica liberal no que dous dos personaxes, os labradores Francisco González e Manuel Ribera, falan galego e os outros dous, o avogado e o amanuense, falan castelán.[4][9]

En xullo marchou exiliado a Porto, morrendo no mesmo ano, nun incendio,[10] cando ía embarcado fuxindo do absolutismo portugués.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]