Pedro Armendáriz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Armendáriz
Nome completo Pedro Gregorio Armendáriz Hastings
Nacemento 9 de maio de 1912
Churubusco, Cidade de México, México
Falecemento 18 de xuño de 1963
Os Ánxeles, EUA

Pedro Gregorio Armendáriz Hastings, nado en Churubusco (Cidade de México) o 9 de maio de 1912 e finado nos Ánxeles o 18 de xuño de 1963, foi un actor da chamada "Época de Ouro do cinema mexicano", ademais de traballar tamén en Hollywood e en Europa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do mexicano Pedro Armendáriz García-Conde e a estadounidense Adela Hastings. Viviu cos seus pais en Texas e estudou en California, onde rematou a súa carreira de enxeñaría na Escola Politécnica de California.

Ao acabar os seus estudos mudouse á Cidade de México, onde se empregou como ferrocarrileiro, guía de turistas e xornalista da revista bilingüe México Real. Foi descuberto polo director de cine Miguel Zacarías cando Pedro recitaba o monólogo de Hamlet a unha turista estadounidense. Filmou a súa primeira película aos 22 anos e, desde aquela, actuou en ducias de filmes alternando o cine mexicano co estadounidense. Foi o actor favorito de Emilio Fernández, con quen realizaría algunhas das súas mellores películas como Soy puro mexicano (1941), Flor Silvestre (1942), María Candelaria (1943), Bugambilia (1945), Enamorada (1946) ou La Perla (1947), alternando con figuras tan míticas como Dolores del Río e María Félix. Tamén participou en producións de Francia, España, Italia e Inglaterra. En Hollywood, foi coñecido polo seu traballo en filmes como Fort Apache (1948), e ten actuado ás ordes de directores como John Ford, John Huston ou Michael Curtiz.

En 1956 participou na película The Conqueror producida por Howard Hughes. Esta foi rodada no estado norteamericano de Utah nunha época na cal o goberno norteamericano realizaba probas nucleares no veciño estado de Nevada. 91 das 220 persoas involucradas na produción da película enfermaron de cáncer e 46 destas morreron a consecuencia desta enfermidade, entre elas, os actores John Wayne (cancro de estómago e pulmón), Susan Hayward (cancro de cerebro), Agnes Moorehead (cancro de pulmón), John Hoyt (cancro de pulmón). Ademais destes, o director da película, Dick Powell (cancro de glándulas linfáticas) tamén finou. Pedro Armendáriz empezou a sufrir dores na cadeira e anos despois atopóuselle cancro. Ao saber da súa mortal enfermidade e que tiña metástase, durante a súa estancia no hospital da Universidade de California, Os Ánxeles (UCLA) Pedro optou polo suicidio cun tiro no peito o 18 de xuño de 1963.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Hollywood[editar | editar a fonte]

Ano Filme Personaxe Notas
1947 The Fugitive Policia O fuxitivo
1948 Fort Apache Beaufort as Pedro Armendariz
3 Godfathers Pedro "Pete' Roca Fuerte
1949 Tulsa Jim Redbird
We Were Strangers Armando Ariete
1950 The Torch José Juan Reyes Del odio nace el amor (Mexico)
1954 Border River Xeneral Eduardo Calleja
1956 The Littlest Outlaw Xen. Torres
1956 The Conqueror Jamuga
Diane Francis I
1957 The Big Boodle Col. Mastegui as Pedro Armendariz
1959 The Wonderful Country Cipriano Castro
Little Savage El Tiburón
1961 Francis of Assisi Sultán
1963 From Russia with Love Kerim Bey
Captain Sindbad El Kerim

Cinema mexicano[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]