Saltar ao contido

Pedro (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro
 Instancia de
 Nome orixinal
Pedro (mul) Editar o valor en Wikidata
Características
 Alfabeto
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 164959
Wikidata C:Commons

Pedro[1][2] é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co castelán, co aragonés e co portugués. Deriva, a través do latín petra, da palabra grega πέτρος (petros), co significado de "pedra" ou "rocha". En galego tamén conta cos hipocorísticos Perico, Perucho ou Peruco.[2]

En xaneiro de 2023 existían 7.422 varóns en Galicia co nome Pedro, cunha media de idade de 44,2 anos.[3]

Segundo o Novo Testamento, Xesús deu a San Pedro o nome de Kephas ou Cephas, co significado de "pedra" en lingua aramea.[2]

Pedro noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
  2. 1 2 3 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Pedro". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>.
  3. Nome Pedro na Web do Instituto Galego de Estatística
  4. EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]