Paz de Caltabellotta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Paz de Caltabellotta foi un tratado de paz asinado en 1302 entre o Reino de Nápoles e o Reino de Sicilia.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

En 1295 o papa Bonifacio VIII proclamou a Paz de Anagni que pechou a Guerra de Sicilia entre a Coroa de Aragón e máis o Reino de Nápoles, o último formado por escisión do Reino de Sicilia.

Cano en 1302, Carlos I de Valois intervén en Sicilia á fronte de catro mil cabaleiros pagados polo papa para dar apoio a Carlos II de Anjou contra Frederico II de Sicilia, a nobreza siciliana lembrou de contado a clemencia que se tivera con el e máis os membros da súa familia, por parte do seu tío Pedro o Grande. Admitindo loitar conta vontade, propuxo cesar as hostilidades e asinar a paz en Caltabellotta.

O tratado[editar | editar a fonte]

O tratado confirmaba a paz entre os reinos de Nápoles, o de Sicilia e máis a Coroa de Aragón. Carlos II renunciaba a Sicilia en favor de Frederico II a cambio de que se devolvan os territorios conquistados ao reino de Nápoles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carles Sanllehy i Girona, El tratado de Caltabellota Barcelona, 1943. (en castelán)