Paweł Cieślik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paweł Cieślik
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1940 en Czernice
Ordes
Ordenación sacerdotal25 de xuño de 1964, por Jerzy Stroba
Consagración episcopal6 de xaneiro de 1995, por Xoán Paulo II
Bispo auxiliar de Koszalin-Kołobrzeg
Bispo titular de Britonia
1994 - 2015
Outros
Evangelizare misit me
Ficha en catholic-hierarchy.org

Paweł Cieślik, nado o 15 de xullo de 1940 en Czernice, Polonia, é un bispo católico latino e doutor en teoloxía bíblica, entre 1995 e 2015 bispo auxiliar de Koszalin-Kołobrzeg.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 15 de xullo de 1940 en Czernice.[1] Entre 1958 e 1964 estudou no seminario de Gościkowo,[1] e recibiu o sacramento da ordenación sacerdotal o 21 de xuño de 1964 de mans do arcebispo Jerzy Stroba.[1] Foi vigario en Międzyrzeczu e en Szczecinie.[1] Entre 1993 e 1994 serviu como rector do seminario maior.[1] O 3 de decembro de 1994 foi nomeado bispo auxiliar da diocese de Koszalin-Kołobrzeg e bispo titular da diocese de Britonia,[1] recibindo a consagración episcopal de mans do papa Xoán Paulo II o 6 de xaneiro de 1995. Por encargo da Conferencia Episcopal Polaca foi supervisor do Movemento de Schönstatt.[1]

O 19 de setembro de 2015 lle foi aceptada a renuncia como bispo auxiliar de Koszalin-Kołobrzeg.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Prezbiter jako sługa w świetle odnowionego po Soborze Watykańskim II Pontyfikatu Rzymskiego. Sandomierz: Wydawnictwo Diecezjalne i Drukarnia. 2011. 
  • Pamięć i wdzięczność: historia parafii Matki Bożej Nieustającej Pomocy na Saskiej Kępie. Varsovia: Parafia Matki Bożej Nieustającej Pomocy. 2013. 
  • Przechodząc ze śmierci do życia: historia szczególnego powołania Marii Róży Bobrowskiej. Varsovia: Wydawnictwo Sióstr Loretanek. 2015. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Biskup Paweł Cieślik". Diecezja Koszalińsko-Kołobrzeska (en polaco). Consultado o 8/11/2018. 
  2. "Rinuncia di Ausiliare di Koszalin-Kołobrzeg (Polonia)". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0693). 19 de setembro de 2015.