Pavillón municipal do Porriño
Pavillón municipal do Porriño | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | pavillón deportivo ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | BM Porriño ![]() | |||
Propietario/a | Concello do Porriño ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1983 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
Clasificación para o Campionato de Europa de Balonmán Feminino 2024 | ||||
Copa da Raíña de Balonmán 2016-17 | ||||
Copa da Raíña de Balonmán 2015-16 ![]() | ||||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | O Porriño ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O pavillón municipal dos deportes do Porriño é un recinto deportivo multiúsos cuberto situado na vila do Porriño.[1] Serve como feudo local do BM Porriño.
Historia
[editar | editar a fonte]Abriu as súas portas en maio de 1983, se ben non se inaugurou de forma oficial até o mes de setembro, cun partido de baloncesto co gallo das Festas do Cristo.[2] Tivo un custo de 57,2 millóns de pesetas.[3] Ampliouse en 1993 coa construción dunha segunda pista e unha piscina climatizada.[4] A obra tivo un orzamento de 200 millóns de pesetas, dos cales 50 correron a cargo do Concello e 150 a cargo da Secretaría xeral do Deporte da Xunta de Galicia. Anovouse en 2022.[5] En 2021 instalouse a pantalla LED deportiva, e en 2023 instalouse un videomarcador na segunda pista e adaptouse o acceso para persoas con discapacidade.[6]
O pavillón acolleu a Copa Galicia de baloncesto masculino en 2009 e a fase final da Copa da Raíña de balonmán en 2016 e 2017.[7] En 2024 acolleu un partido oficial entre as seleccións de balonmán feminino de España e Acerbaixán.
Equipamento
[editar | editar a fonte]A pista de xogo principal ten unha superficie de 45x30 m,[8] divisible con separacións en tres canchas transversais. Hai unha segunda pista, unha piscina de 6 rúas, dúas pistas de pádel e un ximnasio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pavillón Municipal de Deportes do Porriño". O Porriño.
- ↑ Brais Llopis (3 de xullo de 2016). "El guardián del "pabe"". Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ "Subvenciones a las obras". La Voz de Galicia. 27 de abril de 1983. p. 27.
- ↑ "Remodelación del Pabellón de Porriño". La Voz de Galicia. 19 de outubro de 1993. p. 42.
- ↑ "Lete Lasa visita o pavillón municipal do Porriño que nos últimos anos mellorou o seu equipamento grazas ás axudas da Xunta". Xunta de Galicia. 29 de novembro de 2023.
- ↑ "O Porriño mejora la accesibilidad del polideportivo municipal". Telemariñas (en castelán). 2023-07-19.
- ↑ "Porriño acogerá la Copa de la Reina por segundo año consecutivo". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Guía DHF 2016/17".