Pavillón alemán de Barcelona
Pavillón alemán Pavelló alemany | |
---|---|
Vista do pavillón, reconstruído nos anos 80 | |
Edificio | |
Estilo | Movemento Moderno |
Enderezo | Praza de Carles Buïgas |
Localización | Barcelona, Cataluña España |
Coordenadas | 41°22′14″N 2°09′00″L / 41.370555555556, 2.15Coordenadas: 41°22′14″N 2°09′00″L / 41.370555555556, 2.15 |
Uso(s) | Cerimonial |
Construción | |
Inicio | 1928 |
Construción | 1929 |
Demolición | 1930 (reconstruído no 1986) |
Dimensións | |
Superficie | 1050 metros cadrados |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Ludwig Mies van der Rohe e Lilly Reich |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Pavillón alemán de Barcelona foi deseñado por Ludwig Mies van der Rohe e Lilly Reich como pavillón de Alemaña para a Exposición Internacional de Barcelona, celebrada en Montjuïc. Construído con vidro, aceiro e distintos tipos de mármore, trátase dunha obra simbólica do Movemento Moderno, considerada por moitos críticos como unha das catro pezas fundamentais deste movemento, xunto co edificio da Bauhaus de Walter Gropius, a vila Savoye de Le Corbusier e a Casa da Fervenza de Frank Lloyd Wright. Concibiuse para albergar a recepción oficial presidida polo rei Afonso XIII xunto ás autoridades alemás.
O pavillón foi desmantelado trala exposición en 1930, e en 1986, Oriol Bohigas impulsou a iniciativa de reconstruílo na súa localización orixinal, en Montjuïc, onde permanece aberto ó público.[1]
Fundación Mies van der Rohe
[editar | editar a fonte]É unha entidade pública sen ánimo de lucro, que xurdiu co propósito de reconstruír o vello pavillón na década de 1980. Ten como obxectivo afondar o debate sobre a arquitectura e o urbanismo moderno e contemporáneo, crear un arquivo documental sobre Mies van der Rohe e promover o estudo do arquitecto.
A Unión Europea concede os Premios Mies van de Rohe de Arquitectura Contemporánea, en conxunto coa Fundación. Teñen carácter bienal e o seu principal propósito e recoñecer e recompensar a calidade da produción arquitectónica en Europa.[2]
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El pabellón". miesbcn.com (en castelán).
- ↑ "Premio Mies da U.E. - Fundación Mies de Barcelona". miesbcn.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pavillón alemán de Barcelona |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Descrición do pavillón na web da fundación Mies van der Rohe
- Modelo 3D do Pavillón Arquivado 19 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.