Saltar ao contido

Pavillón Municipal da Sangriña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pavillón Municipal da Sangriña
A Guarda Editar o valor en Wikidata

Tipopavillón deportivo Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
OcupanteCB Atlético Guardés Editar o valor en Wikidata
Propietario/aConcello da Guarda Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1987 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°54′05″N 8°51′45″O / 41.90149, -8.86238
Situado enA Guarda Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Pavillón Municipal da Sangriña é un recinto deportivo multiúsos situado na Guarda. Serve de feudo local ao CB Atlético Guardés.

Construíuse en 1987, e inaugurouno o alcalde Manuel Díaz González "Ligero". Inicialmente tiña capacidade para 500 persoas. En 2022 licitouse a remodelación que mudou a fachada e a cuberta e ampliou a capacidade até 700 persoas. A obra tivo un orzamento de 1.870.667,53 €,[1] que financiaron a Deputación de Pontevedra (609.672,74 €), a Xunta de Galicia (500.000 €),[2] os fondos Next Generation (385.754,11 €)[3] e o Concello da Guarda (375.240,68 €).[4] Tamén se melloraron a accesibilidade para persoas con discapacidade e mais a eficiencia enerxética.[5] O 28 de xaneiro de 2023 o alcalde Antonio Lomba reinaugurou o recinto,[6] se ben un mes antes xa se xogou o partido de ida da eliminatoria da Copa Europea da EHF entre o Guardés e o JuRo Unirek VZV neerlandés.[7]