Pavillón Multiusos Fontes do Sar
Coordenadas: 42°52′34″N 8°31′51″O / 42.876191, -8.530752
Multiusos Fontes do Sar | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Localización | Santiago de Compostela, Galicia |
Construción | |
Inauguración | 1998 |
Estadio | |
Capacidade | 5060 (fútbol sala) 6050 (baloncesto) 9000 (concertos) |
Propietario | Concello de Santiago de Compostela |
Localía | Obradoiro CAB (ACB) Santiago Futsal (LNFS) |
O Pavillón Multiusos Fontes do Sar é un pavillón cuberto multiusos, situado en Santiago de Compostela e construído en 1998. Pertence ao concello capitalino, e está xestionado pola sociedade mixta XADE. Ten unha capacidade de 5.060 espectadores (6.050 coa instalación de bancadas supletorias e 9.000 para concertos).
Serve de feudo aos equipos Santiago Futsal de fútbol sala, Blusens Monbus Obradoiro de baloncesto, e ao Arteal de tenis de mesa.
Ten 10.000 m² de superficie e conta cun amplo ximnasio público. Nos exteriores ten piscinas ao ar libre e 700 prazas de aparcadoiro. Está situado na rúa de Diego Bernal s/n.
Afluencia de espectadores[editar | editar a fonte]
Eventos deportivos[editar | editar a fonte]
A afluencia media de seareiros que acudiron ós encontros do Obradoiro CAB na ACB 2009-10 foi de 5509 persoas, con máximos de 6050 espectadores (fronte ó FC Barcelona). No seguinte ano, co equipo na LEB Ouro 2010-11, a media baixou a 4297 persoas.[1] De volta na Liga ACB, na tempada 2011-12 a media de seareiros no pavillón medrou ata os 5241.
Pola súa banda, o Lobelle FS tivo 2353 espectadores de media nos seus encontros da LNFS 2010-11, con máximos de 3900 persoas (fronte ó ElPozo Murcia).[2] Na tempada 2011-12 a media baixou ós 1700 espectadores, cun máximo de 3500 persoas.
Eventos culturais[editar | editar a fonte]
En abril de 2010 mais de 5000 persoas asistiron sentadas a cada unha das 8 actuacións do Cirque du Soleil co seu espectáculo Saltimbanco no Multiusos do Sar.[3]
Nos numerosos concertos que cada ano se levan a cabo no recinto, como os de Mark Knopfler, Joaquín Sabina, David Bisbal, Juanes, Dover, Alice Cooper, Cypress Hill, Miguel Bosé etc, a afluencia de xente ten variado dende as 9000 persoas que asistiron ó concerto de Chayanne en agosto de 2010, ós 5000 que foron a ver a The Wailers en febreiro de 2009.
Accidente ferroviario 2013[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Accidente ferroviario de Angrois de 2013.
O 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, Sar, tivo lugar o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e por vítimas oficiais, tamén o máis grave da historia de España por descarrilamento ferroviario. Polo menos 78 persoas faleceron no incidente. O pavillón Fontes do Sar utilizouse como tanatorio provisional pola gran cantidade de finados[4].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Encontro de fútbol praia entre as selección de Galicia e Portugal.
Montaxe do espectáculo Saltimbanco do Cirque du Soleil.
Imaxe do interior do Pavillón nun encontro de fútbol sala.
Encontro Lobelle - Azkar da tempada 2011-12.
Obradoiro CAB, nun partido contra o Lagun Aro de San Sebastián da ACB.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Estatísticas completas dos encontros da Liga ACB Arquivado 23 de marzo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Crónicas dos encontros do Lobelle de Santiago FS Arquivado 15 de outubro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ El Circo del Sol levanta el telón con el recinto de Sar a reventar, artigo de El Correo Gallego do 22 de abril de 2010.] (en castelán)
- ↑ Noticia sobre a traxedia na Voz de Galicia - http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/07/26/accidente-santiago-amanecer-duro/0003_201307G26P18992.htm?idioma=galego
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- www.multiusos.net web dos Multiusos de Santiago de Compostela