Saltar ao contido

Pavelló de Gel de Puigcerdà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pavelló de Gel de Puigcerdà
Datos
LocalizaciónPuigcerdà, España España
Construción
Inauguración1983
Estadio
Capacidade1 400 persoas
LocalíaCG Puigcerdà

O Pavelló de Gel de Puigcerdà é un pavillón adicado á práctica de deportes de xeo na vila de Puigcerdà, na provincia de Xirona (España). Nel xogan os seus partidos como locais os equipos de hóckey sobre xeo do Club Gel Puigcerdà.

O edificio foi inaugurado en 1983.[1] A pista de xeo ten unhas dimensións de 56×26 metros e as bancadas teñen capacidade para unhas 1 400 persoas.[2]

En 2018 renovouse todo o sistema de enfriamento da pistac[3] e en 2021 o concello e o Club Poliesportiu Puigcerdà acordaron realizar obras para substituír a cuberta da pista cun orzamento de 400 000 euros, a metade deles achegados por ambas entidades, aínda que tamén contou con financiamento da Generalitat de Catalunya.[4] As últimas obras de mellora foron realizadas na primavera de 2023, cando se substituíu o valo do perímetro da pista, duns corenta anos e que supuña un risco para as persoas que practicaran hóckey sobre xeo, que corrían perigo de sufrir lesións ante o impacto co valo, sendo substituída por unha estrutura metálica con revestimento sintético.[3]

  1. "Club Gel Puigcerdà" (en catalán). enciclopedia.cat. Consultado o 13 de novembro de 2024. 
  2. "Patinaje sobre hielo en Puigcerdà" (en castelán). ausuddespyrenees.com. Consultado o 13 de novembro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 Spa, Miquel (25 de maio de 2023). "Puigcerdà completa les obres al pavelló de la pista de gel amb el canvi de tanca". Regió7 (en catalán). Consultado o 14 de novembro de 2024. 
  4. "L’AJUNTAMENT DE PUIGCERDÀ I EL CLUB POLIESPORTIU RENOVARAN ENGUANY LA COBERTA DE LA PISTA DE GEL" (en catalán). Ajuntament de Puigcerdà. 18 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de novembro de 2024.