Pavel Beliaiev
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de xuño de 1925 Chelishchevo, Rusia (en) |
| Morte | 10 de xaneiro de 1970 Moscova, Rusia |
| Causa da morte | peritonite |
| Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
| Educación | Gagarin Air Force Academy (en) Yeysk Higher Military Aviation Institute (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta, piloto de guerra |
| Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Unión Soviética |
| Rango militar | coronel |
| Participou no conflito | Fronte Oriental da Segunda Guerra Mundial |
| Tempo no espazo | 1 día, 2 horas e 2 minutos |
| Misión do astronauta | |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978 Obálky knih, Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
Pavel Ivanovich Beliaiev (en ruso Павел Иванович Беляев, nado o 26 de xuño de 1925 en Chelizshevo e finado o 10 de xaneiro de 1970 en Moscova), foi un militar e cosmonauta soviético que pilotou a astronave Voskhod 2.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O programa espacial soviético seleccionou a Beliaiev entre os primeiros cosmonautas da URSS polos quince anos de experiencia na Armada e na Forza Aérea Soviética, tempo no que foi piloto de combate durante a fin da segunda guerra mundial e comandante dunha escuadra aeronaval no Pacífico. A súa primeira misión ía ser pilotar o Vostok 8 para estudar o Cinto de Van Allen, pero a misión cancelouse e as autoridades encomendáronlle a misión de pilotar a misión do Voskhod 2 acompañado de Alexei Leonov en 1965. Realizou un único voo o 18 de marzo, permaneceu no espazo durante 26 horas, e o seu compañeiro realizou a primeira actividade extravehicular no espazo da historia.
Morreu en 1970 de peritonite como resultado dunha operación de úlcera de estómago.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Beiaiev foi Heroe da Unión Soviética, recibiu a Orde de Lenin e a da Estrela Vermella, ademais de Heroe do Traballo Socialista de Bulgaria, Heroe do Vietnam e de Mongolia. Un asteroide descuberto en 1969 por Liudmila Chernikh leva o seu nome, 2030 Belaiev.
Notas
[editar | editar a fonte]- Mark Wade (2018). "Belyayev, Pavel Ivanovich" (en inglés). Consultado o 11 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
