Paurópodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paurópodos
Pauropoda
Pauropus huxleyi
Pauropus huxleyi
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Myriapoda
Clase: Pauropoda
Lubbock, 1868
Ordes
Sinonimia[1]
  • Heterognathes de Saussure & Humbert, 1872
  • Heterognatha Tömösváry, 1883
  • Monopoda Bollman, 1893

A dos paurópodos[2][3] (Pauropoda) son una clase de miriápodos diminutos (de 0,5 a 2 mm), corpo brando, coas antenas ramificadas e con entre 9 e 11 pares de patas. Viven en lugares húmidos e son saprófagos. Saen do ovo con só tres pares de patas. Coñécense entre 500[4] e 715[5][6] especies.

Características[editar | editar a fonte]

Os paurópodos teñen a cutícula branda, sen calcificar. Non teñen ollos, aínda que presentan un par de órganos sensoriais con aspecto de ollos; as antenas posúen entre catro e seis artellos sobre os que se insiren dúas curtas ramas provistas de flaxelos. As pezas bucais constan de un par de mandíbulas, e o primeiro par de maxilas fusionadas entre si orixinando un gnatoquilario; falta o segundo par de maxilas. Os gonóporos (poros xenitais) ábrense no terceiro segmento do tronco. Carecen de aparatos respiratorio e circulatorio.

Historia natural[editar | editar a fonte]

Os paurópodos movense de maneira característica, con movementos rápidos e bruscos cambios de dirección.[7] Viven no solo, no humus, baixo pedras, troncos en descomposición, etc., e aliméntanse de fungos e materia orgánica en descomposición.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A orde dos Payropoda foi descrita en 1868 polo prehistoriador e naturalista británico John Lubbock.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Pauropoda é un substantivo neutro plural que está formado polos elementos do latín científico pauro- e -poda, tirados do grego antigo παῦρος paûros, 'pouco', e πούς, ποδός poús, podós, 'pé', 'perna', 'pata'. Litelamente: 'os de poucas patas'.[8][9]

Ordes[editar | editar a fonte]

Scheller, en 2008, propuxo unha clasificación dos parópodos que comprende dúas ordes, que inclúen 9 familias, 40 xéneros e ao redor de 780 especies,[6] clasificación que segues a maioría dos científico contemporáneos.

(Para outras clasificacións, véxanse Fauna Europaea, ITIS e WoRMS nas ligazóns externas).

Clase Pauropoda Lubbock, 1868

  • Orde Hexamerocerata Remy, 1950. Inclúe especies que posúen seis artellos no pedicelo antenal. Son todos tropicais.
  • Orde Tetramerocerata Remy, 1950. Inclúe especies que posúen catro artellos no pedicelo antenal. Viven tamén en rexións temperadas.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Scheller, Ulf (2008). "A reclassification of the Pauropoda (Myriapoda)". International Journal of Myriapodology 1 (1): 1–38. doi:10.1163/187525408X316730. 
  2. paurópodos no dicionario da RAG.
  3. paurópodo -da 1 adx Relativo ou pertencente aos paurópodos. 2 s m ANIMAL Artrópodo da clase dos paurópodos. 3 s m pl ANIMAL Clase de artrópodos, da superclase dos miriápodos, que presentan o corpo de pequeno tamaño, dividido en 11 segmntos, cun par de patas en cada un dos nove primeiros segmentos, antenas bifurtcadas, coas pezas bucais simples e febles, cun par de mandíbulas non artelladas e un só par de maxilas máis ou menos fusionadas. Carecen de aparato respiratorio e circulatorio diferenciado. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  4. Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
  5. Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN 978-0-6425-6861.8
  6. 6,0 6,1 Ulf Scheller, (2008): "A reclassification of the Pauropoda (Myriapoda)". International Journal of Myriapodology 1 (1): 1–38.
  7. Tree of Life, Pauropoda
  8. pauropoda no memidex.com.
  9. pauropoda no Oxford Living Dictionaries.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barber, A. D. (2009): "Littoral myriapods. A review". Soil Organisms 81 (3): 735-760.
  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.
  • Scheller, Ulf (1990). "Pauropoda". En Daniel L. Dindal. Soil Biology Guide. New York: John Wiley and Sons. pp. 861–890. ISBN 978-0-471-04551-9. 
  • Scheller, Ulf (2002). "Pauropoda". En Jorge Llorente Bousquets; Juan J. Morrone. Biodiversidad, Taxonomía y Biogeografía de Artrópodos de México: Hacia una Síntesis su Conocimiento III. Tlalpan, México: Comisión Nacional para el Conocimiento y Uso de la Biodiversidad (CONABIO).  (en castelán).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]