Paulino de York

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
San Paulino de York
Paulinusofyork.jpg
Estatua de Paulino de York na catedral de Rochester
Bispo e confesor
Biografía
NacementoÚltimo terzo do s. VI en Roma
Pasamento10 de outubro de 644 en Rochester, Kent
Proceso de canonización
CanonizaciónAntiga
Veneración
Venerado/a enIgrexa Católica, Igrexa ortodoxa, Anglicanismo
Festividade10 de outubro
Santuario principalCatedral de Rochester

San Paulino, (nome secular: Paulinus Eboricensis) nado en Roma no último terzo do século VI e finado en Rochester o 10 de outubro de 644 ou 645, foi un membro da misión gregoriana enviada en 601 polo papa Gregorio I para converter os anglosaxóns do seu paganismo, e o primeiro bispo de York.[1][2] É venerado coma un santo por diversas confesións cristianas.

Paulino chegou a Inglaterra en 604. Coñécese pouca cousa das súas actividades durante as dúas décadas posteriores. Despois de pasar uns anos no Reino de Kent, posiblemente no ano 625, Paulino foi consagrado como bispo. Conseguiu converter o rei Edwin de Northumbria, así como moitos dos seus súbditos. Despois da morte deste rei en 633, Paulino regresou a Kent, onde se converteu en bispo de Rochester.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. York non se converteu en arcebispado até o ano 735.
  2. Lapidge 2001, p. 157