Paule-Marguerite Françoise de Gondi
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de marzo de 1655 Machecoul, Francia |
| Morte | 21 de xaneiro de 1716 París, Francia |
| Familia | |
| Cónxuxe | François Emmanuel de Bonne de Créquy de Lesdiguières |
| Fillos | Jean-François Paul de Blanchefort-Créquy |
| Pais | Pierre de Gondi, duc de Retz |
Paule-Marguerite Françoise de Gondi, nada o 12 de marzo de 1655 en Machecoul e finada o 21 de xaneiro de 1716 en París, foi duquesa de Retz (1676-1716)
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seu pai foi Pierre de Gondi e súa nai Catherine de Gondi. Casou o 12 de marzo de 1675 con François Emmanuel de Blanchefort-Créquy. Ao ano seguinte á morte de seu pai herdou os seus títulos: duquesa de Retz, señora de Machecoul, marquesa de La Garnache, condesa de Joigny e baronesa de Mortagne. Herdeira e sucesora da familia dos Gondi, que despois dos episodios protagonizados por seu tío, o cardeal de Retz, conta cunha mala reputación na corte do rei Lois XIV. Tivo un fillo pero morreu en 1703 aos 25 anos e á morte de Paule-Marguerite os seus títulos pasaron á casa de Neufville-Villeroy