Saltar ao contido

Paula del Río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaula del Río

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2000 Editar o valor en Wikidata (23/24 anos)
Cataluña, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBarcelona Editar o valor en Wikidata
Altura1,6 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, modelo Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webwalter-garcia.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3962845 Rottentomatoes: celebrity/paula_del_rio
Twitter: pauladelrio28 Instagram: piuletaa BNE: XX5662178 Editar o valor en Wikidata

Paula del Río Segura, nada en Barcelona o 28 de febreiro de 2000, é unha actriz española de cinema e televisión que participou nas longametraxes O descoñecido (2015), A sombra da lei (2018) e Cuerdas (2019).[1][2] Ademais, foi unha das protagonistas de El internado: Las Cumbres (2021-2022), serie reboot de El internado, en Amazon Prime Video, co papel de Paz Espinosa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Curmá da tamén actriz Andrea del Río, naceu en Barcelona no 2000 e tivo a súa primeira interpretación con 10 anos na curtametraxe Levedad.[3] Nos seguintes anos continuou participando nalgunhas curtametraxes até que en 2015 deu o salto ao cinema co filme O descoñecido, dirixido por Dani de la Torre, xunto a Luís Tosar e Elvira Mínguez, entre outros.[4] Este papel valeulle o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista na 14ª edición dos premios.

En 2018 volveu participar noutra longametraxe de Dani de la Torre A sombra da lei, interpretando a Elisa.[5] En 2019 protagonizou a longametraxe Cuerdas de José Luis Montesinos, co papel de Elena, unha rapaza paralítica que queda pechada na casa do seu pai cun can rabioso.[6]

En televisión participou en Centro médico, Servir y proteger, Hospital Valle Norte e Bany Compartit, onde interpretou unha das protagonistas.[7] En 2021 uniuse ao elenco principal da serie reboot de El internado, El internado: Las Cumbres, onde interpreta o papel de Paz.[8]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Papel Director
2015 O descoñecido Sara Dani de la Torre
2018 A sombra da lei Elisa
2019 Cuerdas Elena José Luis Montesinos

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Título Papel Canle Notas
2017 Centro médico Alicia TVE 1 episodio
2018 Servir y proteger Lidia Velasco Elenco secundario; 3 episodios
2019 Hospital Valle Norte Irene Elenco secundario; 2 episodios
Bany Compartit Greta Puig TVE Cataluña Elenco principal; 39 episodios
2021-2022 El internado: Las Cumbres Paz Espinosa Amazon Prime Video Elenco principal (tempadas 1-2); 16 episodios
2023 Las invisibles Marisa SkyShowtime Elenco principal; ¿? episodios

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Premio Categoría Traballo nomeado Resultado Ref.
2015 Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Mellor actriz revelación O descoñecido Nomeado [9]
2015 Premios Mestre Mateo Mellor actriz protagonista Gañador [10]
2020 Festival de cinema fantástico Grimmfest Mellor actriz protagonista Cuerdas Gañador [11]
  1. "Paula del Río protagoniza Cuerdas: «Ojalá un papel en el que tuviera que bailar o cantar»". Más de Cultura (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  2. "Cuestionario a Paula del Río". Aisge (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  3. "Paula del Río, protagonista de Levedad, premiada en Gaztebideo". The House of Films (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021. [Ligazón morta]
  4. "El Desconocido arrasa en nominaciones en la temporada de premios". Vaca Films (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  5. "Tráiler de 'La sombra de la ley': Luis Tosar repite con el director de 'El desconocido' en una película de gánsteres". Espinof (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  6. "La lucha terrorífica de ‘Cuerdas’ llega a los cines". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  7. "La serie ‘Bany compartit’, entre las novedades de RTVE Catalunya para la nueva temporada". Audiovisual451 (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  8. "Asia Ortega, Albert Salazar, Natalia Dicenta, Daniel Arias y Ramiro Blas se incorporan al reparto de 'El Internado: Las Cumbres'". Antena 3 (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2021. 
  9. "‘La novia’ acumula ocho candidaturas en la 71ª edición de las Medallas del Círculo de Escritores Cinematográficos" (en castelán). Audiovisual 451. 11 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2021. 
  10. Agencia EFE. ""El Desconocido", triunfadora en los Mestre Mateo con doce galardones". Consultado o 5 de maio de 2016. 
  11. Díaz Plaza, Javier (14 de outubro de 2020). "Montesinos gana el premio a mejor película en Manchester" (en castelán). Diari de Tarragona. Consultado o 20 de agosto de 2021.