Paula Sueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paula Sueiro
Nacemento27 de xullo de 1995
Lugar de nacementoPonteceso
Falecemento8 de febreiro de 2016
Lugar de falecementoA Agualada
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

Paula Sueiro Rodríguez, nada en Corme (Ponteceso) o 27 de xullo de 1995 e finada na Agualada (Coristanco) o 8 de febreiro de 2016[1], foi unha artista e cantante galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sueiro deuse a coñecer como cantante en 2014 no programa Luar da TVG, na sección Recanteiros, onde se exploraban talentos comarcais. Nel participou varias veces representando a Costa da Morte. O programa tivo varias edicións anuais (2014 e 2015) e Sueiro integrouse no elenco habitual de presentadores do programa.

Ademais, Sueiro foi a impulsora dun concurso de busca de talentos musicais na comarca do comarca do Deza que chamou #Escóitame[2]. Neste proxecto tamén participou a lalinense Nelly Portas, recanteira como Sueiro. Tamén colaborou co Concello de Lalín e a Xunta de Galicia na gravación dun tema musical, nunha campaña institucional contra a violencia de xénero, neste caso a canda Silvia Villanueva[3].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Nada en Corme, era filla dunha muller de Zas e dun home de Corme, mudouse cun só uns días a vivir a Lalín, mais mantivo relación persoal e profesional coa Costa da Morte toda a súa vida. No tempo da súa morte, estudaba o ciclo formativo de grado superior correspondente ao título de técnico superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico.

Finou nun accidente de automóbil ao saír da estrada o vehículo que guiaba e bater contra un poste[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Muere la cantante gallega Paula Sueiro en un accidente de tráfico". Faro de Vigo (en castelán). 8 de febreiro de 2016. Consultado o 9 de febreiro de 2016. 
  2. "«Escóitame é un proxecto no que darlle voz a quen canta»". La Voz de Galicia. 23 de xullo de 2015. Consultado o 9 de febreiro de 2016. 
  3. "Una canción desde Lalín contra la violencia de género". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]