Paula Pareto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paula Pareto
Paula Pareto (cropped).jpg
Nome completoPaula Belén Pareto
Nacemento16 de xaneiro de 1986
 San Fernando
NacionalidadeArxentina
Alma máterUniversidade de Buenos Aires
Ocupaciónjudoka
editar datos en Wikidata ]

Paula Belén Pareto, nada en San Fernando o 16 de xaneiro de 1986, é unha médica e judoka arxentina. Campioa do mundo en 2015 e gañadora dunha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 e dunha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro de 2016. Converteuse na primeira muller arxentina en ser campioa olímpica[1] e a primeira deportista arxentina que gañou dúas medallas olímpicas en disciplinas individuais.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pareto comezou a practicar judo con nove anos xunto ao seu irmán menor Marco (ten ademais unha irmá maior, Estefanía) e até os Xogos Olímpicos de Londres 2012 representou ao Club Estudiantes de La Plata. Foi bolseira pola Secretaría de Deportes da Nación do seu país.[3]

En 2010, a Fundación Konex outorgoulle o Premio Konex de Platino como mellor deportista destacada da década 2001-2010. O 19 de novembro de 2014, Paula gañou a medalla de prata na categoría de até 48 kg no Grand Prix de Judo de Qingdao, na China.[4]

En agosto de 2015, consagrouse campioa no Campionato Mundial de Astana, Casaquistán, ao vencer á xaponesa Haruna Asami na categoría até 48 kg. O 22 de decembro dese mesmo ano, foi galardoada co Premio Olimpia de ouro, á mellor deportista do ano.[5] O 21 de agosto de 2016, logo de consagrarse campioa olímpica ao derrotar á surcoreana Jeong Bo-Kyeong, e foi elixida abandeirada da delegación arxentina na cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro.[6]

Ao longo da súa carreira participou en tres Xogos Olímpicos entre os anos 2008 e 2016, obtendo unha medalla de bronce en Pequín 2008, diploma olímpico en Londres 2012 (onde finalizou quinta) e a medalla de ouro en Río de Xaneiro 2016.[7][8][9] Nos Xogos Panamericanos conseguiu tres medallas entre os anos 2007 e 2015.[10]

Gañou tres medallas no Campionato Mundial de Judo entre os anos 2014 e 2018, e doce medallas no Campionato Panamericano de Judo, entre os anos 2005 e 2019.[10][11][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Paula Pareto hizo historia en Río y Argentina tiene su primer oro" (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  2. "Paula Pareto hizo historia en Río y Argentina tiene su primer oro" (en castelán). Diario Clarín. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  3. "Zona de atletas-Listado de becarios" (en castelán). Secretaría de Deportes de la Nación Argentina. Consultado o 10 de agosto de 2012. 
  4. «Paula Pareto sumó una medalla de plata en el Grand Prix de judo de China». Diario La Nacion. Consultado o 29 de maio de 2015 (en castelán).
  5. «Paula Pareto se quedó con el gran premio Olimpia de Oro». Territorio Digital. Consultado o 27 de decembro de 2015 (en castelán).
  6. "Río 2016: Paula Pareto hizo flamear la bandera argentina en la ceremonia de clausura" (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2016. 
  7. "La judoca Paula Pareto no pudo alcanzar la medalla de bronce en un duro combate". Telam. 28 de xullo de 2012.  Consultado o 28 de xullo de 2012 (en castelán).
  8. Paula Pareto Arquivado 11 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports). Consultado o 29 de maio de 2015 (en inglés).
  9. "¡Peque de oro!". Diario Olé. Consultado o 6 de agosto de 2016 (en castelán). 
  10. 10,0 10,1 Paula Pareto en JudoInside.com. Consultado o 29 de maio de 2015 (en inglés).
  11. «Paula Pareto, campeona del mundo de judo». Diario Página/12. Consultado o 24 de agosto de 2015 (en castelán).
  12. «Otro título para Paula Pareto: se quedó con el título en el Panamericano de Panamá». Diario La Nación. Consultado o 29 de abril de 2017 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]