Paul Otlet
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (fr) Paul Marie Ghislain Otlet 23 de agosto de 1868 Bruxelas |
| Morte | 10 de decembro de 1944 Bruxelas |
| Lugar de sepultura | Etterbeek Cemetery (en) |
| Residencia | Hôtel Otlet |
| Educación | Universidade Libre de Bruxelas UCL-KUL Collège Saint-Michel (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Bibliografía, ciencias da computación, clasificación e ciencia da información |
| Lugar de traballo | Bruxelas (1890–1944) |
| Ocupación | escritor, inventor, bibliógrafo, xurista, científico da información, avogado, bibliotecario, esperantista |
| Membro de | |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Pai | Édouard Otlet |
| Irmáns | Maurice Otlet |
Paul Otlet, nado en Bruxelas o 23 de agosto de 1868 e finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1944, foi un bibliógrafo, documentalista, xurista, emprendedor e escritor belga. Xunto con Henri La Fontaine, creou a clasificación decimal universal (CDU). Tamén participou no desenvolvemento da Oficina Internacional de Bibliografía, conservada no Mundaneum.
Otlet foi tamén socialista, pacifista, filántropo e anticolonialista. A súa ambición era permitir que as persoas se coñecesen mellor para non temerse os uns aos outros e vivir en paz.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do político Édouard Otlet, Paul Otlet é coñecido polos seus traballos no eido da bibliografía.[1] En 1895, coa intención de establecer unha rede de cooperación internacional entre bibliotecas e bibliotecarios creou, xunto con Henri La Fontaine, a Oficina Internacional de Bibliografía. A Oficina contribuíu ao recoñecemento da documentación como disciplina científica. Estableceron tamén o Repertorio Bibliográfico Universal (RBU), que tiña como función recoller todas as obras publicadas no mundo, con independencia da súa época ou temática.
Para facilitar o acceso á información ao maior número de persoas, en 1905 creou o sistema de clasificación decimal universal (CDU), así como o estándar de 125mm x 75mm para as fichas bibliográficas, aínda en vigor. Tamén traballou, xunto con La Fontaine, no establecemento dunha Bibliographica sociologica, un repertorio de feitos e escritos relativos á sociedade. Contra 1895, constaba dunhas 400.000 entradas.
En 1909, consciente da transformación do libro e da necesidade de incluír todos os soportes posibles na investigación bibliográfica, publicou La Fonction et les transformations du livre. Ao ano seguinte, co seu colaborador Robert Goldschmidt, desenvolveu a bibliophoto, unha sorte de biblioteca portátil de microfichas.[2]
Durante o período de entreguerras, o seu traballo como documentalista adquire un xiro universalista e globalizador. No marco do proxecto do Palais Mondial-Mundaneum, que buscaba integrar todos os saberes do mundo, Paul Otlet centrouse na multiplicación dos soportes de información, todos eles igualmente portadores da memoria.
Paul Otlet faleceu en Bruxelas o 10 de decembro de 1944. A súa tumba atópase no cemiterio de Etterbeek, na comuna de Wezembeek-Oppem.[1]
Pensamento
[editar | editar a fonte]Paul Otlet foi descrito como pacifista e utópico, xa que procuraba unha globalización do coñecemento que "conduza á humanidade cara o progreso e a paz".[3] Tamén destacou como filántropo.
Xa en 1888, publicou un texto en contra do colonialismo, L'Afrique aux Noirs, coincidindo co comezo do imperio colonial belga.[1] O seu interese polo continente africano volveuse manifestar en 1921, cando participou na organización do segundo congreso panafricano.[4]
A partir de 1913, interesouse por construír unha "cidade mundial", consagrada por enteiro ao saber, en colaboración con Le Corbusier. Consideraron varias localidades: Xenebra, Bruxelas e Anveres.[5] Porén, o proxecto xamais viu a luz.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Peeters 2012.
- ↑ Cauvin 2001.
- ↑ Les Impressions Nouvelles 2015.
- ↑ Boukari-Yabara 2014, p. 73.
- ↑ Malet 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boukari-Yabara, Amzat (2014). Africa Unite! Une histoire du panafricanisme (en francés). Editions La Découverte. ISBN 9782707196903. OCLC 1145863975.
- Cauvin, Aurélie (2001). La Littérature hypertextuelle, analyse et typologie (en francés). Maitrise de Lettres Modernes.
- Les Impressions Nouvelles (2015). "Paul Otlet". lesimpressionsnouvelles.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 31/05/2022. Consultado o 16/02/2025.
- Malet, Jean-Baptiste (2024). La capitale de l'humanité (en francés). J'ai Lu. ISBN 9782290387481. OCLC 1428166110.
- Peeters, Benoît (2012). "Paul Otlet: Le bibliographe rêveur". cairn.info (en francés). Consultado o 16/02/2025.